Sánchez Bugallo celebra a decisión de Francisco I de prolongar o Ano Santo: "Debemos aproveitar a oportunidade"

O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, expresou este luns en rolda de prensa a súa "excepcional" alegría pola decisión do Papa Francisco I de prolongar o Ano Santo 2021 ata 2022, unha medida extraordinaria derivada da pandemia de coronavirus.

|

A decisión da Igrexa e do pontífice supoñen un balón de osíxeno para a capital galega no medio da crise do coronavirus.


Do mesmo xeito, e a pesar da decisión do papa Francisco I, desde Crentes Galegos, que representa a unha vintena de asociacións de igrexa de base en Galicia, critican esta postura. 


Catedral de Santiago de Compostela, façana da plaça de l'Obradoiro



O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, expresou este luns en rolda de prensa a súa "excepcional" alegría pola decisión do papa Francisco I de prolongar o Ano Santo 2021 ata 2022, unha medida extraordinaria derivada da pandemia de coronavirus.

A noticia facíaa pública o nuncio do Vaticano, Bernardito Auza, durante o acto de apertura da Porta Santa da Catedral de Santiago o 31 de decembro e que, tradicionalmente, dá o pistoletazo de saída á celebración dos anos xubilares.

A celebración deste ano estivo marcada polos protocolos anticovid, que limitaron o aforo do acto a 270 persoas con invitación e que impediron a tradicional imaxe de multitudes cruzando a Porta Santa. Ademais, para evitar danos na remodelación do templo, non se derrubou o muro que tapiaba a entrada.

Durante o primeiro día --1 de xaneiro-- do Xacobeo 2021 xa se rexistraron colas para atravesar a Porta Santa, aínda que estas aglomeracións só se produciron en momentos puntuais --como ao mediodía, momento no que se pecha o templo para a misa do peregrino--.

A este respecto, o alcalde de Santiago desexou que 2021 e 2022, coa intermediación da vacina contra a covid-19, sexan anos moi positivos para a cidade. "Debemos aproveitar a oportunidade para avanzar no proxecto de cidade e no tipo de actividade turísticas que queremos", sinalou Bugallo.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE