(VÍDEO) A felicitación viral de "uns poucos rabudos" que puxo no mapa aos 600 veciños de Muras

O Concello de Muras, que conta con apenas 619 habitantes, podería ser unha radiografía perfecta de moitos municipios do rural galego: unha poboación illada, envellecida e que loita con uñas e dentes contra a adversidade.



|

O Concello de Muras, que conta con apenas 619 habitantes, podería ser unha radiografía perfecta de moitos municipios do rural galego: unha poboación illada, envellecida e que loita con uñas e dentes contra a adversidade.


Se cabe, este ano que nos deixa foi especialmente duro para todas estas localidades, que agora reciben o 2021 con optimismo. Un optimismo contaxioso grazas ao vídeo viral dos veciños de Muras.







A ditosa curva do coronavirus que trouxo de cabeza ha os epidemiologos e que a poboación contemplaba con impaciencia, as mostras de solidariedade que se repodujeron ao longo e ancho do país ou o confinamento son algúns dos temas centrais deste vídeo protagonizado polos veciños de Muras. 


"O mundo parou porque tiña que parar", explican os murenses, aínda que admiten que na aldea nin as fins de semana nin o confinamento "poden deter a vida". Do mesmo xeito, algúns costumes como charlar entre veciños desde a porta das casas, "reanimadas" a raíz do confinamento, forman parte do día a día destes veciños afeitos a gardar a distancia social, algo que non lles priva "dunha boa parrafada".


Con todo, como ao resto, a pandemia obrigou a reordenar as prioridades de moitos e apreciar as cousas que antes non tiñan tanto valor. "Termina un ano para darnos conta do lugar privilexiado no que vivimos. A sorte de poñer un pé fóra de casa e atoparnos nun paraiso natural", celebran. 


Nese sentido, desde Muras destacan a beleza das paraxes que ofrece Galicia, con camiños polos que perderse entre as montañas, o contacto constante cunha natureza ou os lazos estreitos que só existen en comunidades do rural: "Aínda que poida parecer que vivimos lonxe uns doutros estamos preto cando se necesita".


"Nunca choveu que non escampara, e a pesar da que está a caer, se de algo sabemos é que hai que tirar cara a adiante: botarlle peito e resistir con afouteza", conclúen uns veciños que se saben "poucos" pero "rabudos".  


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE