Un complexo operativo de Gardacostas rescata a un home que se precipitou desde un cantil en Nigrán

Un helicóptero do Servizo de Gardacostas rescatou este domingo a un home que caeu por un cantil en Nigrán, segundo informou o CIAE 112 Galicia.

|

No rescate participou un helicóptero do Servizo de Gardacostas, que trasladou ao home accidentado ao Álvaro Cunqueiro.


Foi a propia vítima a que alertou da súa situación nun punto onde os labores de rescate eran imposibles tanto por terra como por mar.


Gardacostas gardacostas

Rescate dos Gardacostas | Foto: @GardacostasGal


Un helicóptero de o Servizo de Gardacostas rescatou este domingo a un home que caeu por un cantil en Nigrán, segundo informou o CIAE 112 Galicia.


A propia vítima foi quen chamou ao 112 para pedir axuda tras precipitarse por unhas pedras á altura da rúa de Lourido Beiramara, na Ramallosa.



Na chamada indicaba que se atopaba ferido e nunha zona de difícil acceso. Unha vez no lugar, os efectivos de emerxencias comprobaron que a persoa estaba nun punto que facía imposible o rescate tanto por terra como por mar.


Por este motivo, solicitaron a colaboración do persoal de Salvamento Marítimo e do Servizo de Gardacostas de Galicia. Foron estes últimos quen enviou o helicóptero Pesca 1, que procedeu ao rescate da vícitima e a súa evacuación ao hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE