​Mackay, Mariño, Diego López e Dani Giménez: os homes paxaro de Segunda son galegos

Os catro gardametas galegos son protagonistas nos seus equipos, que teñen obxectivos distintos. 


|

Os catro gardametas galegos son protagonistas nos seus equipos, que teñen obxectivos distintos.


Diego lu00f3peixe



Se as luvas de Segunda División falasen terían, indubidablemente, acento galego. Esta tempada os cérberos bregados no oeste peninsular son os verdadeiros protagonistas do curso na división de prata do fútbol español, onde moitos equipos miran a Galicia á hora de confiarlle as chaves da súa portería ao profesional mellor cualificado. Neste apartado eríxense veteranos como Diego López ou Dani Giménez, expertos en Segunda como Diego Mariño ou cérberos que esperan reengancharse á categoría como Ian Mackay.


Este último é o seteiro que máis veces interveu no que vai tempada. As súas intervencións salvaron en máis dunha ocasión ao Sabadell, que ten no coruñés ao seu heroe desde que o ano pasado a súa actuación na quenda de penaltis ante a Cultural Leonesa dese o ascenso aos arlequinados.


53 paradas figuran no expediente do ex da Poferradina, Racing de Ferrol ou Murcia. Ese medio centenar de paradas sitúano como o porteiro que máis parou este ano, a pesar de que recolleu o balón das súas redes en 25 ocasións e o seu equipo sexa dos máis goleados, algo que pesa e moito no cadro catalán, que pelexa pola permanencia.


Non moi lonxe da Nova Creu Alta, en Cornellá-O Prat, vemos o outro lado da moeda. Nese oposto atópase Diego López, que só encaixou nove goles e que sostén a un Espanyol que é o líder de Segunda. Só Raíña, do Mallorca, fixo menos viaxes ao fondo da súa portería nas 19 xornadas xogadas. Aos seus 39 anos o de Paradela espera devolver aos periquitos de novo a Primeira na que podería ser a súa última aventura.


Mentres, Diego Mariño é o terceiro que máis parada realizou , con 49. Con catro paradas menos que Mackay, o vigués pugna por regresar a Primeira División, unha categoría na que varios equipos teñen o seu nome apuntado na lista de desexos. Mariño comanda a un Sporting que loitará ata o último suspiro por un oco en playoff, aínda que atravesa unha crise de resultados, ademais dunha crise sanitaria, con moitas baixas polo coronavirus.


O último en sumarse á garda galega foi Dani Giménez, que se incorporou co curso empezado ao Logroñés. Aínda que sen ritmo, o tamén vigués fíxose desde o primeiro momento coa titularidade nas Gaunas. Na súa ficha figuran ata o de agora tres derrotas e un empate. Este último deixouno con moi bo sabor de boca ao conseguir rabuñar un punto ao Málaga no seu feudo sen encaixar nin un só gol. Cos rioxanos espera desquitarse do nefasto ano que viviu en Riazor e conseguir unha permanencia histórica para un equipo que simboliza o que persegue Gimenez: o renacer das súas cinzas para converterse en algo mellor. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE