O Celta aproxímase a prazas europeas tras a difícil vitoria sobre o Huesca (2-1)
Xamais o Celta lograra tales números nun mes de decembro.A alegría volveu ao vestiario celtiña, como proba a imaxe difundida polo club tras o disputado triunfo sobre un Huesca que apertou ata o final, aproveitando que o Celta foi incapaz de lograr o 3-0 a pesar de ter varias ocasións claras.Así as cousas, os galegos, que pasaron varias xornadas en postos de descenso, xa están oitavos, a un punto do Selecta, último dos clasificados para Europa, e a dous do FC Barcelona, aínda que estes clubs xogaron un partido menos. Eduardo Coudet, un dos r protagonistas da remontada celtiña, cre que a clave está en que o equipo é moi solidario en defensa.
Iago Aspas volveu ser determinante na sufrida vitoria. O de Moaña asistiu a Nolito para o primeiro gol e completou o segundo tras unha clásica cabalgada e burlar ao porteiro.
Os do Chacho Coudet renaceron, completando un mes de decembro magnífico. Son 5 vitorias e un empate, 16 goles a favor e só dous en contra. Xamais o Celta lograra tales números nun mes de decembro.
A alegría volveu ao vestiario celtiña, como proba a imaxe difundida polo club tras o disputado triunfo sobre un Huesca que apertou ata o final, aproveitando que o Celta foi incapaz de lograr o 3-0 a pesar de ter varias ocasións claras.
Así as cousas, os galegos, que pasaron varias xornadas en postos de descenso, xa están oitavos, a un punto do Selecta, último dos clasificados para Europa, e a dous do FC Barcelona, aínda que estes clubs xogaron un partido menos.
Eduardo Coudet, un dos r protagonistas da remontada celtiña, cre que a clave está en que o equipo é moi solidario en defensa. Os números de danlle a razón, aínda que Coudet recoñece que onte sufriron bastante "por méritos do rival" e por carecer de eficacia na recta final.
A próxima cita do Celta é contra o Real Madrid en Valdebebas.
Escribe o teu comentario