O temporal de neve obriga á Deputación de Lugo a actuar sobre un centenar de estradas para manter o tráfico

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomei, sinalou este martes que os efectivos provinciais están a traballar en cen estradas, a través de todos os equipos operativos, para manter a circulación nas vías principais a pesar do temporal de neve que está "a pegar forte" na provincia, especialmente na montaña.

|

O temporal de neve que azouta varias zonas do interior galego ha posto en alerta ás autoridades, que emitiron avisos sobre o estado das estradas.


En Lugo a Deputación anunciou, a través do seu presidente, o socialista José Tomei', que se están realizando labores nun centenar de vías para garantir a circulación.


Neve na provincia de Lugo.



O presidente da Deputación de Lugo, José Tomei, sinalou este martes que os efectivos provinciais están a traballar en cen estradas, a través de todos os equipos operativos, para manter a circulación nas vías principais a pesar do temporal de neve que está "a pegar forte" na provincia, especialmente na montaña.

Así, Tomei puntualizou que esta mesma noite "o nivel da neve subía por encima da coitela da maquina quitaneves, o que é unha altura considerable, na zona de Courel e Pedrafita".

"Hai que agradecer o traballo que están a realizar os traballadores de vías e obras e do parque móbil, e eu creo que a deputación está a responder á demanda, neste momento, dunha climatoloxía moi adversa e que veu moi de golpe, e agora non temos ningún inconveniente en ningunha estrada provincial", certificou.

Noutra orde de temas, sobre a electrificación da liña de ferrocarril Lugo-Monforte, que se licitará no consello de Ministros, cualificouna dunha "boa nova para a provincia, a pesar do Partido Popular". "E digo isto porque, nos anos que gobernou Rajoy, paralizou totalmente o investimento no ferrocarril en Galicia", sentenciou.

"E non o digo eu, dio o Tribunal de Contas no informe dos anos 16 e 17, onde houbo que indemnizar a empresas porque se perderon contratos e onde se paralizou a intermodal de Lugo", engadiu.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE