​O CD Lugo terá difícil contratar ao desexado Borja Valle

As opcións do cadro lucense de abordar a fichaxe do berciano minguan a medida que aumenta o interese de Real Oviedo e Ponferradina.


|

As opcións do cadro lucense de abordar a fichaxe do berciano minguan a medida que aumenta o interese de Real Oviedo e Ponferradina.


Borja vale


Borja Valle, na súa etapa no Deportivo da Coruña | Foto: RC Deportivo

 

Unha mala experiencia en Romanía fixo retornar a Borja Valle antes de tempo a casa. A súa primeira aventura lonxe do fútbol español tornouse nunha peripecia chea de sen sabores nun Dinamo de Bucarest incapaz de cumprir as promesas que levaron a Valle, un dos xogadores con máis cartel na división de prata, a rexeitar as ofertas para enrolarse no cadro romanés. Agora, con xaneiro ás portas, moitos son os equipos que se interesaron pola súa situación, entre eles, o CD Lugo.


A favor do cadro lucense xoga o feito de que Galicia non é un territorio estraño para Valle, polo que a súa adaptación sería practicamente inmediata. Só fai falta mirar o seu expediente para ver que o de Ponferrada ten un vínculo especial con esta terra. Máis aló do seu paso polo Deportivo da Coruña, Valle vestiu as elásticas do Celta de Vigo –xogou un curso no filial celeste- e o desaparecido CD Ourense.


Doutra banda, a verticalidad e polivalencia de Valle encaixan á perfección no esquema de Nafti, que necesita de máis xogadores rápidos e con desborde polas bandas. Xunto con Rama, a chegada de Valle podería dotar aos albivermellos de dous xogadores polos corredores exteriores moi perigosos.


Con todo, talvez o CD Lugo non poida colmar as pretensións económicas do berciano. As contas no Anxo Carro non permiten piruetas, e tanto o Real Oviedo como o Tenerife poden ofrecerlle, previsiblemente, un contrato mellor, aínda que se atopen por baixo do Lugo na táboa.


De feito, no Tartiere xogan coa baza de que Valle deixou un gran recordo no club no plano futbolístico, polo que podería tentarlle unha nova etapa en Asturias. Logo estaría a Ponferradina, o equipo que o viu nacer, polo que regresar a casa sería talvez a opción máis cómoda, ademais de que a Deportiva é un club que vive un moi bo momento deportivo, metido de cheo na pelexa por un posto de playoff. Unha pelexa da que non se descolga o Lugo que, tanto na cancha como nos despachos, conta con moitas frontes abertas. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE