“Fusilar a 26 millóns de españois” é “o sentimento de moitos”, esgrimen militares en activo
A polémica ao redor da conversación filtrada nun chat de militares retirados segue provocando novas reaccións, nesta ocasión dun grupo de militares en activo que fixeron público o seu apoio aos responsables da conversación, na que afirmaba que había que “empezar a fusilar a 26 millóns de fillos de puta”.

Noutro chat, suboficiais e oficiais da IX Promoción de Artillería, segundo informa o diario Público, xustifican que esa afirmación é o sentimento de moito militares nestes momentos.
Na mesma liña, cargan contra o presidente Pedro Sánchez e o vicepresidente Pablo Iglesias, do que din que, por atacar á monarquía, “atoparase coa man aberta”. "Confío que neste chat non haxa ningún traidor hdlgp que denuncie aos seus compañeiros no peor estilo chequista como este individuo sen valores nin compañeirismo”, ameaza un dos membros do chat.
Segue lendo a noticia en Catalunyapress.
Escribe o teu comentario