A alza do coronavirus agrávase en Galicia a pesar dos cribados masivos do SERGAS


Os últimos datos do coronavirus en Galicia son un paso máis no empeoramento da pandemia. Soben a incidencia acumulada a 14 días e, sobre todo, a semanal. Santiago e Vigo son as áreas que achegan máis diagnósticos ao total de 357. 


|

Os últimos datos do coronavirus en Galicia son un paso máis no empeoramento da pandemia. Soben a incidencia acumulada a 14 días e, sobre todo, a semanal.  Santiago e Vigo son as áreas que achegan máis diagnósticos ao total de 357. 


Así, o SERGAS detectou case 85 positivos por cada 100.000 galegos na última semana. Son uns cinco diagnósticos máis que onte nun indicador que leva á alza xa cinco días. Non estamos pois, ante un repunte puntual. 


UGWvm incidencia acumulada semanal de coronavirus en galicia (6)




TAMÉN SOBE A DÚAS SEMANAS

A afirmación de que non é un rebote pasaxeiro corrobórase abrindo o plano a dúas semanas. A incidencia acumulada sobe entón a 158 diagnósticos por cada 100.000 galegos en 14 días. É un só positivo máis que onte, pero o verdadeiramente relevante é que este indicador, pouco sensible aos cambios de tendencia pouco firmes, leva en ascenso tamén cinco días.


Isto débese en parte aos 357 que acaba de comunicar o SERGAS. Son 23 menos que onte, pero 102 máis que o anterior xoves. O feito de que a incidencia acumulada semanal sexa máis da metade da incidencia acumulada a dúas semanas tamén nos confirma que o covid-19 non só crece, senón que está a acelerar máis.





Unha das poucas boas noticias é que o SERGAS está a facer moitísimas PCRs, polo menos moitísimas máis que en setembro. A media móbil a sete días sobe a case 8.100 cada xornada, só superada polo pico de principios de novembro, cando o virus se descontroló obrigando a impoñer as primeiras restricións xerais máis duras.


Esta subida de probas axuda a explicar que, mentres os positivos dispáranse, a taxa de positividade continúa controlada. A media semanal está en torno ao 4% de PCRs ao día. A OMS estima que o 5% é o máximo para considerar un foco en vía de control. O problema, por tanto, non parece ser a escaseza de probas. De feito, o SERGAS cada vez realiza máis cribados masivos entre pacientes asintomáticos, como o que vai lanzar en Cangas, Gondomar e Chapela (Redondela). Ou o que acaba de detectar 11 positivos asintomáticos en empresas da Pobra, Ribeira e Boiro, no Barbanza.


CASOS ACTIVOS

A cantidade de diagnosticados cae por vez primeira en tres días. No cómputo de hoxe hai 35 menos que onte. 






Con todo, máis aló do dato de hoxe, o realmente significativo é a evolución semanal. Aí a pandemia segue gañando terreo. A media móbil a sete días onte era do -0,7%, hoxe do -0.4%. Aínda hai máis altas que novos positivos, pero de seguir así volveremos sumar enfermos na media semanal en cuestión de poucos días.


DATOS POR ÁREAS SANITARIAS

Por áreas sanitarias, a de Vigo e a de Santiago volven ser as que máis suman, 92 e 91 novos positivos, respectivamente. 


Teniendo en cuenta o seu tamaño máis pequeno, o dato é especialmente preocupante para a área de Santiago, que estabilizara os seus casos diarios ao redor da trintena e agora aproxímase ao centenar.   




Boas noticias para Lugo, con só 15 novos diagnósticos. De todas as áreas sanitarias, é a que mellor se está comportando recentemente. De todas as áreas, só a lucense e a da Coruña manteñen unha curva de casos activos claramente á baixa. Máis análise dos últimos datos a nivel área sanitaria e municipal nuns minutos en Galiciapress.


FALECEMENTOS


A Consellería de Sanidade informou este mércores da morte de catro persoas con coronavirus --todas con patoloxías previas-- nas últimas horas, de forma que o total de falecidos en Galicia ascende a 1.327. 






Xa faleceron 106 galegos con covid este mes. Son máis de 6 ao día. De seguir así, morrerán outro centenar de galegos antes de final de ano. Poida que máis, pois a curva de decesos diarios aínda non sofre o impacto da recente alza nos contagiso.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE