Galicia recupera poboación grazas aos emigrantes estranxeiros e aos galegos retornados

A poboación galega creceu en 1.803 persoas en 2019 grazas á migración exterior e interior, e pese ao saldo vexetativo negativo, de modo que o total situouse en 2.702.244 habitantes ao 1 de xaneiro de 2020.

|

Se non fóra polos que volven e os que chegan, Galicia seguiría envellecendo moito en 2019, pois houbo 15.000 mortes máis que nacementos.


Venezuela avesanti


Unha pasada mobilización de Avesanti en Santiago de Compostela



No últimos cinco anos, a cantidade de persoas que chegan a Galicia triplicouse. Moitos son galegos que emigraron no seu día a Venezuela ou cidadáns dese país, que arrastra anos de crise económica e política.




Con todo, a poboación segue envejiciendo e pronto haberá máis persoas de 85 anos que menores de 4.






A poboación galega creceu en 1.803 persoas en 2019 grazas á migración exterior e interior, e pese ao saldo vexetativo negativo, de modo que o total situouse en 2.702.244 habitantes ao 1 de xaneiro de 2020.


Así se desprende dos datos definitivos das cifras de poboación que publica este martes o Instituto Nacional de Estatística (INE). En concreto, Galicia rexistrou 15.631 mortes máis que nacementos (saldo vexetativo), pero obtivo datos positivos tanto en migración exterior (+16.866 persoas) como na interior, desde o resto de España (+676).

Desta forma, sumou 1.803 persoas máis, o que representa un incremento poboacional do 0,07%, lonxe do 0,84% de aumento que rexistrou a media estatal. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE