Covid por municipios: sobe en Boiro, Santiago, Ourense e Vigo e baixa en Vimianzo, Sanxenxo e Vilagarcía

Tres das sete áreas sanitarias (Ferrol, Santiago e Ourense) suman máis positivos que curacións. Un repunte notable influído polo levantamento das restricións en dúas cidades. Por exemplo, Ourense ten 44 positivos máis a dúas semanas que cando lle levantaron o perímetro. 



|

Tres das sete áreas sanitarias (Ferrol, Santiago e Ourense) suman máis positivos que curacións. Un repunte notable influído polo levantamento das restricións en dúas cidades.


Por exemplo, Ourense ten 44 positivos máis a dúas semanas que cando lle levantaron o perímetro. 





Facendo o mesmo cálculo en Santiago, resulta que Compostela ten 43 diagnósticos máis.




Son incrementos considerables, sobre todo teniendo en cuenta que o alivio xeral (fin do perímetro, hostalería aberta ata as 11) chegou fai menos de dez días. 


Non hai dúbida que o alivio das restricións está a sentarlle mal ás primeiras cidades galegas desperimetradas. Hoxe vólvese a notar. 


Tanto Santiago como Ourense están na lista de concellos cuxo cómputo actual de positivos en 14 días crece máis: Boiro (+16), Santiago (+14), Ourense (+13), Vigo (+13) e As Pontes (+13). 


TODO O Barbanza EMPEORA

A situación máis grave segue estando en Boiro, que alcanza os 224 positivos en 14 días. Isto, debido á súa poboación, dispara a súa incidencia acumulada 1.175 positivos por cada 100.000 habitantes. 


Máis de 1 de cada 100 habitantes de Boiro deu positivo nas últimas dúas semanas. O foco parecía que perdía fol nas pasadas xornadas, pero avivouse hoxe. Boiro é a última das localidades perimetradas, hai uns días 10 días, e o problema dista de estar atallado. Ademais, todos os municipios colidantes do Barbanza dos que hai datos experimentan hoxe subidas de positivos.




Con todos estes datos sobre a mesa, parece precipitado que o SERGAS continúe co alivio de restricións, polo menos nas cidades. O relajamiento veu seguido de repuntes notables en Ourense e Santiago. Ademais, a melloría xeral de Galicia primeiro parouse e agora leva xa varios días á alza.


Claro que o panorama difire por zonas. Segue habendo concellos que progresan. Por exemplo hoxe os que máis alivian o seu cómputo de positivos a 14 días son Vimianzo (-6), Sanxenxo (-5) e Vilagarcía (-5).


BERGANTIÑOS MELLORA VISIBLEMENTE

O mapa de incidencia acumulada a 14 días en Galicia por municipios hoxe mostra que a situación está a mellorar na comarca de Bergantiños, que a pasada semana tiña a case todos os concellos en nivel de "risco extremo", ao superar os 250 positivos por 100.000 habitantes en dúas semanas. Hoxe non queda ningún nese nivel, aínda que a veciña Costa da Morte aínda non se beneficiou desa melloría.




DATOS POR ÁREAS SANITARIAS

Por áreas sanitarias, os repuntes de Boiro e Santiago déixanse notar na gráfica de casos activos da área compostelá. Hai que remontarse ao 26 de novembro para atopar tantos infectados como hoxe, 952.


Ourense leva xa tres días consecutivo de ascenso. Do resto de áreas, unicamente Lugo e A Coruña presentan unha curva claramente á baixa. Iso a pesar de que o concello da Coruña suma 8 positivos máis hoxe.



Vigo continúa como a que máis casos activos ten, con 1.304 --13 menos que hai un día--; seguida da Coruña-Cee, con 955 (-38); de Pontevedra-O Salnés, con 848 (-3); e de Lugo-A Mariña-Monforte, con 486 (-12).


Santiago-Barbanza ten xa 952 enfermos e rexistra un repunte de 47; Ferrol ten 563 pacientes de covid-19 (+30); e  Ourense-Verín-O Barco  452 (+28).


A taxa de positividade das probas sitúase no 4,3% en Galicia, por baixo do 5% que indica a OMS para estimar un foco en vías de control.

É un límite que, con todo, superaron onte con fartura as áreas sanitarias de Ourense (9,2%), Pontevedra (10,2%) e A Coruña (10,6%). Iso si, rexistran positividades baixas as de Ferrol (4,3%), Santiago (3,5%), Vigo (2,5%) e Ourense (1,9%).  A baixa positividade no áera de Santiago está influída polo cribado masivo no Barbanza. Só entre o sábdo e o domingo se hicieorn máis de 1.600 PCR no hospital comarcal a "asintomáticos en diversas empresas da Pobra do Caramiñal, Boiro yRibeira". 



Mapa






Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE