Con nove 9 anos e ao volante dunha furgoneta: investigan ao pai do menor en San Cibrao das Viñas

Axentes da Garda Civil de Tráfico interceptaron o pasado venres unha furgoneta conducida por un neno de nove anos en San Cibrao das Viñas (Ourense). O pai, que viaxaba no asento do copiloto, tivo que declarar en calidade de investigado por un delito contra a seguridade viaria.

|

Perplexidade na Garda Civil de Tráfico cando interceptaron unha furgoneta pilotada por un menor de só nove anos de idade.


O pai, sentado no asento do copiloto no momento no que foron detidos pola benemérita, investigado por un delito contra a seguridade viaria.


Control garda civil



Axentes da Garda Civil de Tráfico interceptaron o pasado venres unha furgoneta conducida por un neno de nove anos en San Cibrao das Viñas (Ourense). O pai, que viaxaba no asento do copiloto, tivo que declarar en calidade de investigado por un delito contra a seguridade viaria.


Segundo informa o Instituto Armado, ocorreu sobre as 22,00 horas da noite no quilómetro 0,100 da estrada que une as localidades de Carballeira e A Mioteira. Os axentes observaron unha furgoneta Peugeot Expert que circulaba por esa vía aberta ao tráfico e que, aparentemente, estaba conducida por unha persoa que podería tratarse dun neno.

Nese momento, a Garda Civil deulle o alto e comprobou que o condutor tiña nove anos de idade e que viaxaba acompañado do seu pai, que ocupaba o asento dianteiro dereito.

Por mor destes feitos, a Benemérita procedeu a tomar declaración ao pai en calidade de investigado como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria, posto que o menor, dada a súa curta idade e de acordo co vixente Código penal, é inimputable antes dos 14 anos.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE