350.000 euros en premios da ONCE repartidos no polígono de O Ceao (Lugo) este luns
Un antigo traballador da construción, agora vendedor do cupón, reparte diñeiro entre os empregados das industrias lucenses.
O sorteo do Cupón Diario da ONCE do pasado luns, día 7 de decembro, repartiu 350.000 euros en premios no polígono de O Ceao, en Lugo, en 10 cupóns premiados ás cinco cifras con 35.000 euros cada un.
Anxo Carballo
Nun comunicado, a ONCE explicou que o vendedor Anxo Carballo Coira, que vende os produtos de xogo da ONCE en roteiro polo polígono industrial, con localización principal na Avenida Benigno Ribeira, é quen repartiu a sorte entre os seus clientes.
UN ANTIGO OBREIRO
Este home de 56 anos leva catro como vendedor de produtos de xogo da ONCE, dous deles en O Ceao, tras sufrir unha enfermidade física discapacitante que o obrigou a abandonar o seu anterior traballo no sector da construción e o metal.
Anxo Carballo mostrouse contento por repartir sorte entre a súa fiel clientela. Natural de Begonte, leva practicamente toda a súa vida vivindo en Lugo, onde naceron tamén as súas dúas fillas.
O Cupón Diario da ONCE ofrece, por 1,5 euros, 55 premios de 35.000 euros ás cinco cifras
Escribe o teu comentario