A colisión dun vehículo contra outro que estaba aparcado deixa un falecido en Carballo

Unha persoa morreu a tarde deste venres ao chocar o seu turismo contra outro vehículo que estaba estacionado nas proximidades de Rus, parroquia do municipio de Carballo (A Coruña).

|

O accidente ocorreu a última hora da tarde en Carballo e aínda se investigan as causas do sinistro. 


O falecido quedró atrapado nun dos vehículos accidentados, polo que se necitó a actuación dos bombeiros para a súa excarceración.


Camionbomberos




Unha persoa morreu a tarde deste venres ao chocar o seu turismo contra outro vehículo que estaba estacionado nas proximidades de Rus, parroquia do municipio de Carballo (A Coruña).


O accidente tivo lugar sobre as 20.06 horas na estrada DP-1914 que une Carballo con Santiago, segundo indicaron a Europa Press fontes policiais.


Por causas que están a ser investigadas, un turismo encaixouse contra outro que estaba estacionado. Como consecuencia do forte impacto, unha persoa perdeu a vida, segundo informou o 112 Galicia.


Ao lugar acudiron efectivos dos Bombeiros de Carballo, que tiveron que excarcerar á vítima, que quedara atrapada no interior do vehículo.


Igualmente, interviñeron efectivos sanitarios, axentes da Policía Local, persoal de Protección Civil de Carballo e axentes da Garda Civil de Tráfico, que se fixeron cargo do atestado do accidente.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE