A cidade de Vigo abandona o nivel de risco extremo e a área de Ourense sofre o seu primeiro repunte nun mes

A análise xeográfica dos últimos datos do SERGAS ofrece un descenso considerable no conxunto de Galicia esta xornada, con grandes cambios a nivel municipal, sobre todo nas cidades.


|

A análise xeográfica dos últimos datos do SERGAS ofrece un descenso considerable no conxunto de Galicia esta xornada, con grandes cambios a nivel municipal, sobre todo nas cidades.


Nestes momentos, catro das sete cidades atópanse no nivel de alerta alto (laranxa). A Ferrol, Lugo e A Coruña súmase agora Vigo, a última en abandonar o nivel de alerta máxima (vermello), un nivel no que só permanece Pontevedra. Santiago de Compostela e Ourense seguen no nive do alerta medio (rosa escuro), pero con cifras moito peores que hai 24 horas na cidade auriense. 



A capital de Galicia e a cidade termal contan con unha incidencia acumulada en 14 días de entre 50 e  150 casos por 100.000 habitantes, mentres que a cidade herculina, a cidade amurallada, a cidade departamental e a cidade olívica aínda contan cunha incidencia de entre 150 e 250 casos por 100.000 habitantes. Por encima diso atópase Pontevedra, en vermello, cunha incidencia superior aos 250 casos.


Ciudad a cidade, a enfermidade descende a un ritmo moi alto esta xornada no caso concreto de Vigo, que lidera este apartado co 72 casos menos. Pontevedra séguelle con 19 casos menos, mentres que Ferrol e Lugo rebaixan as súas cifras en dez e nove casos menos respectivamente. A Coruña e Santiago experimentan unha baixada de tres casos menos.


En cambio, tanto Ourense ve crecer hoxe as súas cifras, algo que xa sufriu na xornada anterior, e arrastra con ela a todo a área sanitaria. Este repunte vén provocado en gran medida pola explosión de positivos rexistrados na cidade de Ourense, o que produce o primeiro salto de casos activos en todo a área nun mes. A última vez que a área ourensá sufrira un salto no seu número de casos activos foi o 2 de novembro. 



Se nos detene mos concello a concello apreciamos poucas variacións significativas, coa maioría dos municipios en descenso, algúns moi pronunciados como o caso de Coristanco, ou Mos e Moaña, que perden 54 e 18 casos respectivamente. As Pontes, que rexistra unha evolución errática desde hai tempo, é o que experimenta a maior subida, con once casos máis, seguido de Vilagarcía, que tamén dá un pequeno paso atrás con oito casos máis. 

 

ÁREA EN SUBIDA

A única das áreas que ofrece un repunte esta xornada é Ourense, con catorce casos máis nas últimas 24 horas. Nas xornadas anteriores apenas rexistraba un puñado de novos positivos que oscilaban entre a vintena e a quincena de novos contagios diarios. Hoxe esa cifra dispárase ata os 41 novos desde onte, cunha positividade alarmante: 19,8%.


É certo que neste apartado, o da positividade, empeoraron todas as áreas desde onte, aínda que ningunha dunha forma tan pronunciada e, a pesar diso, todas rebaixan a súa cifra de casos activos en maior ou menor medida.



ÁREAS EN DESCENSO

A que lanza a maior rebaixa hoxe é A Coruña, con medio centenar de casos menos. A área herculina computou 61 novos positivos nas últimas horas, cunha positividade do 6,2%. No lado oposto atópase Vigo, a que menos casos perde hoxe, con só sete casos menos. Este alivio tan pouco significativo débese ao centenar de contagios contabilizados onte, cunha positividade do 6%.


Santiago de Compostela anotou onte 55 novos positivos, polos 31 de Lugo. A positividade nestas áreas é do 5,6% e 5,8% respectivamente, con rebaixas nos seus algarismos de nove casos menos e 26 menos. 


Pontevedra é, tras Ourense, a área coa positividade no seu test máis alta hoxe, co 7,1%. A área da cidade do Lérez rexistrou 42 novos positivos en 24 horas, pero rebaixou as súas cifras en 16 casos menos, o seu terceiro día consecutivo en descenso. Ferrol, en cambio, é a única que hoxe conta cunha positividade inferior ao 5% que marca a OMS: 2,2%. Ademais, mantén o seu descenso con 24 casos menos tras sumar só 20 novos positivos. 




Segundo os datos das notas de prensa do SERGAS, este xoves 3 de decembro o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 7.419, dos cales 1.525 son da área da Coruña, 885 de Lugo, 450 de Ourense, 1.106 de Pontevedra, 1.977 da área de Vigo, 825 de Santiago e 651 de Ferrol. 


YsDv3 coronavirus por concellos de galicia  (4)





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE