Home asasina á súa parella en Gondomar e agora está detido en Hospital Povisa de Vigo tras tentar suicidarse

(Atención abonados, substitúan a información anterior sobre o mesmo tema pola que segue debido a un erro da fonte informante no hospital no que permanece ingresado o presunto autor)

|

Segundo fontes do Concello e da Subdelegación do Goberno non constan antecedentes de episodios de violencia de xénero. 


Un home matou á súa muller na tarde deste mércores na parroquia de Mañufe, no municipio pontevedrés de Gondomar, tras o que tratou de suicidarse.


Gondomar

Imaxe da zona do suceso nunha foto da CRTVG


Segundo informaron a Europa Press fontes da investigación, o suceso tivo lugar ás 16,25 horas, cando a Garda Civil recibiu un aviso sobre un posible caso de violencia machista nesta localidade.

Unha vez na vivenda, os axentes atoparon a unha muller falecida con feridas presumiblemente de arma branca. Ademais, acharon ao presunto agresor, a súa parella, ferido tras, supostamente, tratar de suicidarse.

O home foi trasladado ao Hospital Povisa de Vigo, onde se atopa ingresado polas súas feridas en calidade de detido.

LOITO OFICIAL
En declaracións a Europa Press, o alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, explicou que o Concello non ten constancia de que o presunto agresor tivese antecedentes por violencia de xénero nin da existencia de expedientes no departamento de Benestar Social ou Axuda á Muller.

O alcalde, que condenou os feitos, sinalou que o matrimonio ten dous fillos maiores de idade, un deles dependente e do que se fixo cargo a familia.

Ademais, avanzou que na xornada do xoves analizará co resto de portavoces municipais a posibilidade de declarar loito oficial no municipio así como de organizar un acto en repulsa do sucedido.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE