Todas as áreas en descenso, Vigo rebaixa os 2.000 casos activos e a cidade de Lugo sae do risco extremo


A análise xeográfica dos últimos datos do SERGAS ofrece un descenso considerable no conxunto de Galicia esta xornada, aínda que sen cambios significativos nos concellos.


|



A análise xeográfica dos últimos datos do SERGAS ofrece un descenso considerable no conxunto de Galicia esta xornada, aínda que sen cambios significativos nos concellos.


Neste sentido, a mellor noticia da xornada é a saída de Lugo do nivel de alerta máxima (vermello), e establécese no nivel de alerta alto (laranxa) xunto a Ferrol e A Coruña. Só as cidades de Vigo e Pontevedra paermanecen no nivel máis alto, con Santiago de Compostela e Ourense no nivel de alerta medio (rosa escuro). 






A capital de Galicia e a cidade termal contan con unha incidencia acumulada en 14 días de entre 50 e  150 casos por 100.000 habitantes, mentres que a cidade herculina, a cidade amurallada e a cidade departamental aínda contan cunha incidencia de entre 150 e 250 casos por 100.000 habitantes. Por encima diso atópanse as cidades en vermello, cunha incidencia superior aos 250 casos. 




Ciudad a cidade, a enfermidade descende a un ritmo estable e de forma especialmente significativa en Vigo, con trece menos, e Lugo, cunha rebaixa de 21 casos. Ferrol, con nove menos, A Coruña, con seis menos, e Ourense, con cinco menos, tamén avanzan a bo ritmo. Santiago, que onte sumou un máis hoxe rebaixa ese caso positivo, mentres que hoxe Pontevedra suma tres máis ás súas cifras


Se nos detemos concello a concello apreciamos poucas variacións significativas, coa maioría dos municipios en descenso. Soa a área metropolitana de Pontevedra, unha das comarcas máis afectadas, lanza hoxe cifras preocupantes, con Poio liderando neste sentido ao sumar oito casos máis. No lado contrario están Narón e Xinzo, con rebaixas considerables que fan mellorar a súa delicada situación epidémica. Tamén as comarcas do Barbanza e A Costa da Morte están baixo a lupa das autoridades sanitarias. 



ÁREAS EN DESCENSO

Na análise por áreas, hoxe todas ofrecen cifras de descenso de casos activos para empezar decembro. O descenso lidérao A Coruña, con 53 casos menos desde onte. A área herculina detectou 36 casos positivos cunha porcentaxe de positividade do 7%. Con todo, en estes dous apartados ao área coruñesa supérana Vigo, con 69 novos casos detectados (5,8% de positividade), e Lugo, cunha positividade do 7,2% (tras detectar 38 novos positivos nas probas PCR). O desenso nas áreas olívica e lucense é de 28 e 16 casos, respectivamente. 


As demais áreas contan cunha porcentaxe de positividade por baixo do 5% que marca a OMS. No 4,6% atópase Pontevedra e Santiago de Compostela, con 19 e quince casos de caída nas súas cifras de casos activos. Mentres que a cidade do Lérez computou 49 novos positivos, na capital galega foron 25 os casos confirmados nos test.




As mellores noticias esta xornada chegan desde Ferrol e Ourense, que en 24 horas só contaron unha ducia e unha decena de novos contagios. Estas cifras tan baixas de novos positivos veñen acompañadas dunha positividade do 2,6% no caso da área ferrolá e do 3,1% da auriense, os índices máis baixos da xornada. Mentres, o descenso de casos activos é dunha vintena na área da cidade departamental e de nove menos na área da cidade termal. 





Segundo os datos das notas de prensa do SERGAS, este martes 1 de decembro o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 7.646, dos cales 1.606 son da área da Coruña, 935 de Lugo, 449 de Ourense, 1.137 de Pontevedra, 1.993 da área de Vigo, 845 de Santiago e 681 de Ferrol. 



YsDv3 coronavirus por concellos de galicia  (3)





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE