A cidade de Ferrol abandona o nivel extremo de alerta e Vilalba experimenta o maior repunte do día

A análise xeográfica dos últimos datos do SERGAS ofrece un descenso estable no conxunto de Galicia esta xornada. Ourense segue sendo a provincia cun mellor comportamento neste sentido ao contar con moitos municipios no nivel 0, mentres que a cidade de Ferrol abandona o nível máximo de alerta. Pontevedra, Vigo e Lugo si se manteñen no nivel vermello, coas comarcas da Limia e Costa da Morte tamén en niveis moi malos.


|

A análise xeográfica dos últimos datos do SERGAS ofrece un descenso estable no conxunto de Galicia esta xornada. Ourense segue sendo a provincia cun mellor comportamento neste sentido ao contar con moitos municipios no nivel 0, mentres que a cidade de Ferrol abandona o nivel máximo de alerta. Pontevedra, Vigo e Lugo si se manteñen no nivel vermello, coas comarcas da Limia e Costa da Morte tamén en niveis moi malos.


FERROL PASA Ao NIVEL LARANXA 250

Santiago de Compostela e Ourense son, das sete cidades, as que lanzan as mellores cifras a nivel municipal. Ambas contan cunha incidencia por baixo dos 150 positivos en dúas semanas, o que as leva a situarse nun nivel de alerta medio (rosa escuro). Un nivel por encima atópanse A Coruña e, desde hoxe, Ferrol, que pasan ao nivel laranxa (nivel alto), ao contar cunha incidencia acumulada en 14 días inferior aos 250 casos. 



Lugo, Pontevedra e Vigo, en cambio, seguen en alerta vermella, cunha incidencia en dúas semanas superior a 250 casos por cada 100.000 habitantes. As comarcas ás que pertencen a cidade do Lérez e a cidade olívica conteñen unha gran cantidade de municipios en risco extremo, o que evidencia o descenso lento de casos en todas esas zonas. A provincia de Lugo, en cambio, ten tamén moitos municipios en alerta máxima, pero moito máis dispersos.


Case todas as cidades rebaixan hoxe as súas cifras con respecto a onte: 27 menos en Ferrol, dous menos en Santiago, 26 menos en Lugo, doce menos en Ourense, 17 menos na Coruña e 69 menos en Vigo, a cidade que lidera este capítulo. Só Pontevedra, con catro casos máis, ve crecer os seus algarismos. 


Por municipios, esta xornada non se aprecian cambios considerables coa condición de Vilalba, que repunta con 23 casos máis desde onte. Este salto podería indicar un repunte de casos no Asilo de Vilalba, que hai unha semana rexistrou un brote importante con máis dun centenar de residentes afectados. O municipio vilalbés tivo que entrar na listaxe de concellos con restricións por mor dese foco. 


CIFRAS POR ÁREAS

A comunidade leva dúas xornadas seguidas ofrecendo moi bos datos no que se refire ao descenso de casos activos. Este sábado a área que destaca por encima do resto de Vigo, cun descenso dun centenar de casos, o que triplica a media das demais áreas esta xornada, que oscila ao redor da trintena de casos menos. Con todo, a área viguesa, con 74 novos positivos confirmados nas últimas horas, foi a que computou máis contagios, cunha positividade do 5,5% nos seus test.


No lado contrario atopamos á área de Lugo, a única que hoxe ve repuntar as súas cifras con cinco casos máis, lastrada indubidablemente polo brote vilabés. O salto, sen ser especialmente significativo, si deixa unha positividade do 12,4%, a máis alta de Galicia hoxe, e rompe a serie de tres días en baixada da área lucense. Desde onte anotou 61 novos contagios.


Pontevedra, cunha positividade tamén alta pero do 10,6%, un pouco máis baixa que a súa homóloga luguesa, rexistrou 55 novos positivos, pero experimentou un descenso de 33 casos menos en 24 horas, o que significa rebaixar as súas cifras por cuarto día seguido. Á pontevedresa séguenlle as áreas de Santiago e Ferrol, con 32 e 31 casos menos respectivamente. A da capital e a departamental son áreas con cifras moi similares este sábado: 39 e 36 casos novos respectivamente, con positividades do 3,7% e 4%. 


A Coruña tamén conta cunha positividade parecida, do 3,9%, pero onte detectou 73 novos contagios, só un menos que Vigo. O descenso na área herculina é de 27 casos menos desde onte. Por último, Ourense ofrece, unha vez máis, os mellores datos da xornada no apartado de novos positivos (17) e positividade nas probas PCR (2,4%). Con 23 casos menos, a área auriense suma 26 días sen repuntes. 



Segundo os datos das notas de prensa do SERGAS, este sábado 28 de novembro o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 8.211, dos cales 1.697 son da área da Coruña, 1.065 de Lugo, 510 de Ourense, 1.167 de Pontevedra, 2.168 da área de Vigo, 898 de Santiago e 706 de Ferrol. 


YsDv3 coronavirus por concellos de galicia  (1)



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE