Galicia sae de "risco extremo" ao baixar de 125 positivos semanais de coronavirus por 100.000


Ademais, a media da taxa de positividade tamén cae, despois dunha semana de preocupante escalada. Galicia segue sendo a autonomía peninsular con menos risco, segundo o semáforo oficial do Estado.


|

As últimas cifras do coronavirus en Galicia son esperanzadoras. Os 465 novos positivos logran facer baixar de novo, tras o rebote de onte, a incidencia acumulada semanal. Ademais, a media da taxa de positividade tamén cae, despois dunha semana de preocupante escalada. Galicia segue sendo a autonomía peninsular con menos risco, segundo o semáforo oficial do Estado.


Onte deron positivos menos do 6% das case 8.000 probas realizadas. Isto permite que a media móbil semanal da taxa de positividade caia ao 7,2%. 


En parte esa melloría débese a que as case 8.000 probas completadas onte son bastantes máis das que vén facendo o SERGAS desde fai un par de semanas. Hoxe a media sobe a unhas 6.600 probas á semana.





A incidencia acumulada a 14 días -quizais o indicador máis importante- segue co seu lentísma baixada. 262 positivos por cada 100.000 habitantes hoxe, fronte aos 264 onte. 


A mellor noticia do día é que a incidencia acumulada a 7 días descende de 125 por vez primeira desde finais de outubro, de 131 a 123. Baixar de 125 positivos por 100.000 galegos á semana permite que Galicia xa non estea no nivel de risco extremo neste indicador do semáforo estatal de alertas pactado por Ministerio e autonomías.


UGWvm incidencia acumulada a 7 d as de coronavirus en galicia (2)




Seguimos en nivel de alerta extrema na incidencia acumulada a dúas semanas, para baixar a risco alto hai habería que ter menos de 250 casos. 


De todos os parámetros do semáforo, Galicia só está en "risco extremo" na incidencia acumulada a 14 días entre a poboación xeral e na incidencia acumulada a 14 días entre maiores de 65 anos. 


Desgraciadamente, por agora non hai ningún indicador no menor dos niveis de alerta, o de "nova normalidade", nin no seguinte, de "risco baixo".




Avaliando todos os parámetros do semáforo, Galicia segue en nivel de "risco medio". É a única autonomía da España peninsular que non está en nivel de "risco extremo" ou de "risco alto".







DÚAS SEMANAS DE LENTA MELLORÍA

No referido aos casos activos, caen un 0,7% respecto onte, en liña coa media móbil semanal, do - 0,8%. Levamos dúas semanas xa nas que hai máis curacións que novos diagnósticos. 


Algo moi significativo, pois en setembro Galicia non foi capaz de manterse en güarismos negativos máis de 10 días. A melloría actual parece pois máis consistente que a de setembro.




DATOS POR ÁREAS SANITARIAS

Vigo segue sendo a área con máis positivos. Con todo, a proporción dos que achega hoxe a Galicia (109 do total de 415) é moito máis normal que onte, cando achegou case a metade, en parte debido aos máis de 60 novos contaxiados nunha residencia de Gondomar. Na área de Vigo hai municipios, como Moaña, que case duplican a incidencia acumulada do conxunto de Galicia.





HOSPITALIZACIÓNS

O número de hospitalizados por COVID-19 en Galicia experimentou un repunte no último día, cando se incrementou ata os 557 --26 máis--, aínda que caeron a 92 as persoas que se atopan en Unidades de Coidados Intensivos (UCI) --cinco menos--. 





Con todo, Galicia é a segunda autonomía con menos porcentaxe de camas ocupadas por enfermos covid, por baixo do 6%, según datos do Ministerio. O mesmo sucede na clasificación de ocupación de UCIs, onde Galicia figura cun 13%.


O máis importante é que a presión asistencial nas plantas dos hospitais leva xa unha semana baixando case sen interrupción. Isto confirma que o pico desta onda quedou atrás. De todos os indicadores para seguir a pandemia, o de hospitalizacións adoita ser o máis fiable, dado  que segue habendo asintomáticos que se escapan das redes de detención de positivos.


FALECEMENTOS

Onte morreron tres persoas en Galicia con coronavirus. É a menor cifra en máis de tres semanas. 


Isto eleva o total de vítimas da pandemia a 1.173, pero constitúe a cifra de mortes máis baixa desde hai case un mes.  Dendtro de pouco, a primeira onda de primavera xa non sería a causante do 50% dos mortos.



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE