Brote na residencia de Gondomar: 65 positivos máis elevan os casos a 89 residentes afectados e 16 traballadores
O brote de coronavirus detectado na residencia de maiores Vila do Conde, da localidade pontevedresa de Gondomar, afecta xa a 89 usuarios e a 16 traballadores, segundo confirmaron a Europa Press fontes da Consellería de Política Social.
A Xunta de Galicia confirmou a última hora da tarde do mércores un brote na residencia de Vila do Conde, en Gondomar, unha noticia que xa adiantou Galiciapress ese mesmo día pola mañá durante a súa análise diaria das cifras de casos de COVID-19.
O brote, que provocou un importante salto nas cifras de casos activos na área de Vigo, afecta xa a 89 residentes e 16 empregados do centro, segundo os datos proporcionados por Política Social.
O brote de coronavirus detectado na residencia de maiores Vila do Conde, da localidade pontevedresa de Gondomar, afecta xa a 89 usuarios e a 16 traballadores, segundo confirmaron a Europa Press fontes da Consellería de Política Social.
Con todo, as probas realizadas ao resto de usuarios e traballadores con motivo destes contagios detectaron que a magnitude do brote é maior. En concreto, atópanse afectados 89 anciáns e 16 empregados.
Escribe o teu comentario