109 postos de traballo fixos para persoal laboral de Correos repartidos nas catro provincias de Galicia
Correos abriu o prazo de inscrición para cubrir 109 postos en Galicia de persoal laboral fixo en categorías operativas. Dos postos ofertados, 61 son para repartición a pé e motorizado, 21 para atención en oficinas e 27 para axente de clasificación.
Acaba de abrir o prazo para inscribirse na convocatoria da empresa pública. Máis da metade das prazas galegas son para A Coruña.
Correos abriu o prazo de inscrición para cubrir 109 postos en Galicia de persoal laboral fixo en categorías operativas. Dos postos ofertados, 61 son para repartición a pé e motorizado, 21 para atención en oficinas e 27 para axente de clasificación.
Os interesados poden inscribirse desde este luns, 23 de novembro, e ata as 23,59 horas do próximo 2 de decembro, a través da web corporativa de Correos .
PRAZAS POR PROVINCIAS
Por provincias, Correos ofrece 63 postos na Coruña, 11 en Lugo, 12 en Ourense e 23 en Pontevedra. Este proceso supón a oferta a nivel nacional de 3.381 postos de persoal laboral fixo, para desempeñar funcións de repartición de envíos, tarefas loxísticas e atención ao cliente en oficinas.Segundo informou Correos, é unha convocatoria conxunta que inclúe os postos correspondentes ás tasas de reposición aprobadas para o ano 2019 (1.381 postos), así como 2.000 postos dos contemplados no plan de estabilización de emprego temporal 2018-2020 asinado coas organizacións sindicais CCOO, UXT, CSIF e Sindicato Libre.
Escribe o teu comentario