Cantos positivos ten o meu concello? E o seu nivel de risco de coronavirus? Novo mapa de incidencia municipal


Galiciapress publica desde hoxe un mapa para seguir o impacto do coronavirus en todos os concellos do país. O mapa actualizarase a diario coas cifras oficiais do SERGAS.


|


Galiciapress publica desde hoxe un mapa para seguir o impacto do coronavirus en todos os concellos do país. O mapa actualizarase a diario coas cifras oficiais do SERGAS. 


Ademais do mapa municipal seguiremos analizando a diario as tendencias a nivel galego e por áreas sanitarias.



No mapa, hai dous indicadores, ambos en base ás cifras dos últimos 14 días de cada municipio:

  • Número total de positivos
  • Incidencia acumulada, é dicir, a proporción de positivos por cada 100.000 habitantes





O número de positivos exprésase nunha cifra ao pasar o cursor sobre o mapa.


A incidencia acumulada exprésase en cores. Estas cores corresponden cos niveis de risco de o semáforo de alertas pactado polo Ministerio de Sanidade e as autonomías.


EXPLICACIÓN DOS NIVEIS DE ALERTA

Así, por exemplo, se pasamos o cursor sobre a área de Santiago vemos que o SERGAS detectou 143 positivos alí nas últimas dúas semanas. Dado que Compostela ten menos de 95.000 tarxetas sanitarias, a súa incidencia acumulada resulta un pouco superior a 150.


A esta incidencia acumulada de máis de 150 a 14 días correspóndelle a cor laranxa, que representa o "risco alto" no semáforo.



Nivel que é mellor que o "risco extremo" do veciño Oroso a pesar de que só sumou 25 positivos en dúas semanas, dado que Oroso ten moitos menos habitantes -e por tanto moitas menos tarxetas sanitarias- que Santiago.


Hai que ter en conta que este mapa publícase cos cifras enviadas pola mañá polo SERGAS. Agora ben, son números que a Xunta recompila o día anterior ata as 18 horas. Por iso o mapa ofrece unha imaxe das alertas epidemiolóxicas con polo menos un día de atraso. 


Con todo, ao depender os niveis de alertas dos positivos de dúas semanas, e non só de certa xornada, non debese haber moito baile diario de niveis.


CALES SON As COMARCAS CON MÁIS INCIDENCIA?

En liñas xerais o mapa corrobora o que xa sabiamos por outras fontes. A peor situación está nas comarcas de Bergantiños e A Costa da Morte na Coruña; Vigo, Baixo Miño, Arousa e Pontevedra na provincia pontevedresa e Lugo e os seus municipios limítrofes na lucense.


Ourense é a provincia con menos incidencia, aínda que conserva concellos no máximo nivel de risco, como varios da zona de Valdeorras e da Raia Seca. 


De todas as cidades de Galicia, só Ourense, Santiago e A Coruña non están en "risco extremo", só en "risco alto".


CHP5f coronavirus por concellos de galicia

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE