El Corte Inglés non pagará aos máis de 10.000 traballadores afectados polo seu novo ERTE

O novo ERTE do Corte Inglés (ECI) afectará finalmente a Galicia, aínda que, por agora, non tanto como a outras autonomías. Aquí a empresa suspende os contratos da sección de hostalería. A pesar das peticións sindicais, non complementará a axuda que paga o Estado.


|

O novo ERTE do Corte Inglés (ECI) afectará finalmente a Galicia, aínda que, por agora, non tanto como a outras autonomías. Aquí a empresa suspende os contratos da sección de hostalería. A pesar das peticións sindicais, non complementará a axuda que paga o Estado.


Hai que lembrar que bares e restaurantes teñen prohibido abrir na maioría das cidades e vilas galegas desde hai semanas. Esta medida afecta as cafeterías dos centros comerciais de Vigo, Santiago e A Coruña.



O Corte InglesWEB

Centro Comercial na Coruña nunha imaxe da CIG


As condicións deste ERTE son peores que as do anterior. Na primavera ECI completou o salario que pagou o Estado, ata cubrir o 100% das súas remuneracións. Non será así esta vez. Os afectados cobrarán só a parte que se cobre con diñeiro público, un 70% da base de cotización do últimos seis meses.  


O único que arrincaron os sindicatos é que a empresa aprace aos seus asalariados algunhas cobranzas das tarxetas de compras e os créditos pedidos ao grupo, segundo indican tanto CCOO como Fasga.


O Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) supoñerá por tanto a baixada de ingresos para 10.827 traballadores. Segundo Vozpópuli,  a medida abarca a comercios de Cataluña, Asturias, Castela e León e Andalucía. Ademais, inclúe o negocio hostaleiro en Cantabria, Murcia, Galicia e Talavera de la Reina.


DATOS POR AUTONOMÍAS

A autonomía máis afectada será Cataluña, con 1.450 contratos suspedidos en Barcelona, 205 en Tarragona e 105 en Xirona. Castela León con 800 empregados e Asturias con 700 son as seguintes comunidades con máis asalariados prexudicados. En Galicia os operarios que se terán que quedar na casa son 116.


Está por ver se sucede como na primavera, cando ECI chamou a traballar a empregados doutras seccións para atender o acelerón das vendas por Internet. 


CC.OO INSISTE NO 100% DO SALARIO

Os catro sindicatos que do Comité (CC.OO., Fasga, Fetico e UXT) pediron a compensación do 100% da retribución para o persoal afectado. O Corte Inglés non accede enarborando "a situación complicada que está a atravesar debido á acumulación de acontecementos negativos que se están producindo desde o mes de marzo, no que está a facer un gran esforzo por manter todas as condicións laborais".  


CC.OO. na súa última comunicación insiste en que a compañía debe "garantir a totalidade das retribucións salariais das persoas afectadas polo ERTE, compleméntese ata o 100% do salario e na proporción que afecte as pagas extra".  Ademais reclama, entre outras cousas, que o tempo consumido en ERTE non conte para cobrar hipotéticas prestacións por desemprego no futuro.


DURACIÓN

A empresa solicitou o segundo ERTE o 10 de novembro de 2020. A data de aprobación foi o 16 deste mes. Terá unha duración de 14 días, que se poderán prolongar en función de como evolucións as restricións. Tamén se poderá ampliar a outras autonomías se, por exemplo, a Xunta decide pechar o comercio que non sexa de primeira necesidade.


PROBLEMAS FINANCEIROS

Os peches supoñen un duro golpe para os plans de ECI para saír do seu delicadísima situación financeira.  Todas as grandes cadeas facturan gran parte dos seus ingresos anuais nunha campaña de Nadal  que este ano será moi diferente.


Tanto Moody's como o resto de axencias internacionais de cualificación sitúan a débeda emitida polo Corte Inglés a un banzo do 'bono lixo'. 





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE