José Ramón Pérez Nieto, presidente executivo do Grupo Pérez Rumbao, falece en Ourense

Levaba oitos anos á fronte do concesionario familiar ourensán. Será enterrado mañá na capital provincial.


|

Levaba oitos anos á fronte do concesionario familiar ourensán. Será enterrado mañá na capital provincial.


O empresario José Ramón Pérez Nieto, presidente executivo do Grupo Pérez Rumbado --dedicado á automoción--, faleceu o pasado luns.





Nun comunicado, o Foro Económico de Galicia mostra o seu "profundo pesar" polo falecemento de José Ramón Pérez Nieto, que era membro desta entidade.

"É unha enorme perda para unha das empresas familiares con maior recoñecemento de Galicia. Asumiu a presidencia do Grupo Pérez Rumbao fai oito anos e desde entón dirixiu con eficacia unha compañía que soubo proxectarse desde a súa Ourense natal a toda Galicia converténdose nun referente do sector da automoción", valora.

Así mesmo, mostra o seu pésame a toda a familia, en particular ao seu irmán e presidente do Foro Económico, Emilio Pérez Nieto.

"José Ramón Pérez Nieto gozaba do respecto e agarimo de todos os integrantes da nosa entidade como un empresario comprometido coa súa terra e o seu desenvolvemento económico e social", destaca o Foro.


Perez Nieto





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE