Ciclista e exconcejal do PP morto posiblemente por un camión que se deu á fuga en Agolada
A Garda Civil investiga a morte cando circulaba en bicicleta do exconcejal do PP en Agolada Alberto Vilariño Coego. O 112 informou a través de redes sociais do falecemento do ciclista ao sufrir un accidente e as primeiras informacións apuntaban ao posible atropelo dun camión, pero trabállase para aclarar as circunstancias.
Alberto Vilariño Coego 'Torreiro' foi concelleiro de Cultura de Agolada. Os populares de Agolada destacan o seu "compromiso político e institucional" co seu pobo.
O 112 informou a través de redes sociais do falecemento do ciclista ao sufrir un accidente e as primeiras informacións apuntaban ao posible atropelo dun camión, pero trabállase para aclarar as circunstancias.
O helicótero do 112 no lugar do accidente nunha foto de @HelicoSantiago
O 112 informou de que, a pesar de que se mobilizou un helicóptero medicalizado, nada se puido facer por salvarlle a vida.
Tras ser alertados polo 112, ademais dos profesionais de Urxencias Médicas, acudiron ao lugar axentes da Garda Civil de Tráfico co fin de conoceer as circunstancias nas que se produciu o suceso.
Tamén interviñeron os efectivos de Protección Civil da localidade.
Escribe o teu comentario