A educación privada entra na formación de enfermería de Galicia creando unha escola na Coruña

O Hospital Quirónsalud A Coruña e o Centro de Estudos Superiores Universitarios de Galicia (Cesuga) asinaron, nas instalacións do centro universitario, un convenio para crear unha nova escola universitaria de enfermería de carácter privado, segundo informa.

|

Quirónsalud, un dos principais operadores sanitarios privados de España e ell Centro de Estudos Superiores Universitarios de Galicia (CESUGA) ,  que xa ofrece catro grandos na Coruña, se alían para lanzar o título regulado de Graduado en Enfermería pola Universidade de San Jorge (Zaragoza).


Asina cesuga quiru00f3n1




O Hospital Quirónsalud A Coruña e o Centro de Estudos Superiores Universitarios de Galicia (Cesuga) asinaron, nas instalacións do centro universitario, un convenio para crear unha nova escola universitaria de enfermería de carácter privado, segundo informa.


CENTRO ADSCRITO

A iniciativa busca, segundo explican, "capacitar aos futuros profesionais do sector" para que obteñan "o título regulado de graduado en enfermería pola Universidade de San Jorge (Zaragoza), á que está adscrita Cesuga".

Na firma do convenio, estiveron presentes, Juan Carlos González Acebes, director Xeral de Organización e Persoas de Quirónsalud; Carlos Paz Miño, director Territorial de Quirónsalud Galicia; José Varela Nuñez, presidente de Cesuga e Venancio Salcines Cristal, director xeral de Cesuga.


Este anuncio prodúcese nun momento moi significativo. Ouperadoras de residencias de anciáns e mesmo o SERGAS están a ter moitas dificultades para atopar profesionais da enfermería dispostos a traballar durante a pandemia. En gran medida, polas precarias condicións que durante lustros  levan soportando estes profesionais.


No acto o director territorial de Quirónsalud Galicia, Carlos Paz, manifestou que o convenio posibilita "a complementación dos coñecementos teóricos coa práctica asistencial" nos centros do hospital.

Os promotores esperan que o título empece a impartirse en setembro de 2021 tras superar os trámites administrativos correspondentes.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE