O hospital de Santiago queda sen enfermeiras para substitucións polo que suspende vacacións e permisos

FeSP-UXT carga contra a decisión e a área sanitaria defende que se volverán a conceder cando sexa posible cubrir as ausencias

|

A situación da epidemia en Santiago segue sendo mala, aínda que non tan pésima como a principios de semana.No medio desta crise, o SERGAS queda sen persoal co cal cubrir baixas e outras ausencias.


O Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) informou este xoves de que se viu "na obrigación" de suspender temporalmente os permisos de persoal de enfermería --enfermería e auxiliares-- para "garantir a asistencia sanitaria aos pacientes".


Eloina

Eloina Nuñez é a xerente da EOXI de Santiago



NIN SEQUERA NO INEM

Segundo trasladaron a Europa Press fontes da área sanitaria, preguntado pola denuncia de FeSP-UXT sobre esta decisión, a decisión tomouse ante a "imposibilidade" de atopar persoal de substitución "tanto nas listas de contratación propias como no INEM".

"Todos os profesionais que habitualmente configuran estas listas para poder facer substitucións do persoal xa están contratados para postos habilitados a maiores por parte da Xerencia", indican as mesmas fontes, que garanten que, no momento en que sexa posible cubrir as ausencias con persoal das listas de contratación, retomarase a concesión de permisos.

Así mesmo, ratifican que todos os días de vacacións e permisos non gozados sumaranse aos correspondentes ao ano próximo.

FeSP REXEITA A DECISIÓN
En cambio, FeSP-UXT rexeitou a denegación de permisos a trabajores do CHUS e esgrimiu que esta medida non se pode "entender" cando "aínda hai listas que non están esgotadas".

Así mesmo, nun contexto marcado pola pandemia, subliñan que "non se pode esquecer o esforzo realizado polos profesionais do CHUS, como do resto da sanidade galega, ao longo deste último ano".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE