​Ecoloxistas piden á Xunta “confinar as cacerías” nesta segunda onda do coronavirus

A pesar das moitas restricións impostas pola Xunta de Galicia, o inicio da tempada de caza na comunidade mantense inalterable.  Desde Ecoloxistas en Acción defenden a necesidade de acabar coas cacerías nestes momentos de crises, especialmente agora que cada vez máis persoas achéganse a gozar da natureza como alternativa de lecer.


|

A pesar das moitas restricións impostas pola Xunta de Galicia, o inicio da tempada de caza na comunidade mantense inalterable.


Desde Ecoloxistas en Acción defenden a necesidade de acabar coas cacerías nestes momentos de crises, especialmente agora que cada vez máis persoas achéganse a gozar da natureza como alternativa de lecer.



Cazador Nun Camiño Público


A plataforma lembra que os cazadores están obrigados a “respectar as zonas públicas” e a “evitar situacións de risco para o resto das persoas” que realizan actividades ao aire libre.


Ningún espazo escapa ás limitacións e ameazas que a actividade  cinexética provoca en   senderistas, ciclistas ou ecoturistas. Mesmamente nos parques naturais os carteis de ‘perigo montería’ aparecen en roteiros sinalizados e córtanse senllas  ecolóxicas que discorren por camiños  públicos”, denuncian os ecoloxistas.


Na mesma liña, piden máis implicación ás administracións públicas para que os cazadores cumpran coas restricións que van en contra das demais persoas que gozan do medioambiente. “Claramente podemos concluír que cada día son máis os dereitos que se lle quitan ao cidadán e neste caso, son os cazadores os que teñen a potestade de decidir cando e por onde poden transitar os cidadáns nuns montes e camiños que por lei son para uso e goce de todos”, critican


Nese sentido, en Galicia poñen en marcha a campaña ‘Pídelle a Feijóo que confine a caza’ para “devolver o monte á xente, ás familias”. “Nun momento de pandemia global no que as autoridades sanitarias recomendan a saída e actividades ao aire libre, debemos  garantir a seguridade de toda a poboación e as familias que escollen pasar na natureza o seu tempo de lecer”, comentan.



Do mesmo xeito, consideran que esta pode ser unha alternativa para moitos negocios neste momento de “economías maltreitas”. “O sendeirismo, o montañismo ou deportes como o ciclismo poden ser a única saída para as economías dos negocios de hostalería no rural”, razoan.


NOVE FALECIDOS EN GALICIA ESTE ANO

Doutra banda, a organización considera que as dramáticas cifras que a práctica cinexética leva no que vai de ano son motivo suficiente para avogar polo seu cesamento: 51 vítimas mortais en accidentes de caza e 605 feridos, pese ao confinamento de tres meses entre marzo e maio. Só en Galicia o número de mortes ascende a nove este 2020, sendo a cuarta comunidade máis afectada.


“Cada día hai máis exemplos do negativo impacto da caza en todas as comunidades autónomas: carteis de aviso, valos, portas pechadas, bandos municipais, folletos das administracións, disparos en zonas de seguridade. Todos instan o paseante ou ao ciclista para poñer un ollo no camiño e outro no cazador, cando a normativa esixe que sexa ao revés”, lamenta a organización.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE