A Xunta intervén a residencia DomusVi de Ribadumia onde un brote afecta a unha vintena de usuarios

A Xunta de Galicia interveu a residencia de maiores DomusVi Ribadumia tras rexistrar 25 casos positivos de coronavirus Covid-19, deles 20 entre usuarios e cinco traballadores.

|

Os brotes en residencias para maiores volven ameazar a Galicia nesta segunda onda do coronavirus.


Na última semana o número de casos en geriatricos creceu de forma significativa, e no día de onte confirmouse un brote na residencia DomusVi de Ribadumia, con 25 afectados, 20 deles residentes. A Xunta decidiu intervir o centro. 


Feiju00f3ou

A Xunta anuncia a intervención do geriatrico de Ribadumia


A Xunta de Galicia interveu a residencia de maiores DomusVi Ribadumia tras rexistrar 25 casos positivos de coronavirus Covid-19, deles 20 entre usuarios e cinco traballadores.


Así o informou nun comunicado de prensa a Consellería de Sanidade, que explicou que adopta esta medida "co fin de reforzar o persoal do centro".

Sanidade indicou que "unha vez avaliada a situación da residencia" este departamento e o de Política Social "acordaron tomar esa medida co obxectivo de garantir a calidade asistencial e a correcta protección da saúde tanto das persoas usuarias como dos traballadores do centro".

Ademais, concretou que un equipo de profesionais sanitarios do Servizo Galego de Saúde "está xa desprazado no centro" e ocúpase de facer un seguimento médico permanente sobre a situación dos residentes", así como "vixiar a correcta aplicación das medidas de prevención, seguridade e hixiene fronte á Covid-19 aprobadas pola Xunta", engade.

"Os profesionais do Sergas tamén velarán pola continuidade dunha atención sanitaria adecuada na residencia", concluíu Sanidade.



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE