Case o 80% dos chamados ao cribado de coronavirus en O Milladoiro non acudiu á análise
Apenas o 21,3% dos 1.357 citados en Milladoiro e o 42,5% dos convocados do Ensanche participaron na proba, que arroxou sete resultados positivos.
Segundo fontes do SERGAS consultadas por Galiciapress, este 21% de asistencia só logrouse despois de volver chamar a cidadáns que foran xa chamados noutras quendas, sen que aparecesen. Esas mesmas fontes indican que ao ser un cribado legalmente non teñen porqué someterse á análise.
Un total de 635 veciños de Milladoiro (Ames) e do Ensanche compostelán dos máis de 2.000 que estaban convocados en ambos os núcleos --menos dun 30 por cento-- acudiron aos cribados realizados a pasada fin de semana, que arroxaron un total de sete positivos.
Segundo informa a área sanitaria, para o centro de saúde de Milladoiro estaban citados 1.357 veciños, dos que acudiron 298 (un 21,3 por cento). O número de positivos detectado foi de dous.
CINCO POSITIVOS EN SANTIAGO
No caso de O Ensanche, en Santiago, estaban citadas ás probas un total de 792 persoas e acudiron 337 (un 42,5%). Do total, cinco arroxaron un diagnóstico positivo en covid-19.
Pola súa banda, en rolda de prensa este luns, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, apuntou que, a falta de coñecer os datos máis recentes, este domingo rexistrouse "o primeiro día" cunha "baixada ligerísimamente" despois de tres semanas de subidas, aínda que lembrou que é a tendencia tamén en toda Galicia.
Escribe o teu comentario