Alerta vermella en Ferrol e Lalín pola alza de coronavirus mentres empeza a mellorar a periferia de Ourense capital

O número de municipios galegos no nivel máximo de alerta, o 3, pola incidencia do coronavirus na última semana elevouse este venres a 25, un máis que este xoves, tras entrar nesta situación Ferrol e Lalín, á vez que sae O Porriño, que pasa ao laranxa.

|

Barbadás e Pereiro de Aguiar abandonan a alerta vermella e en Coles e San Cibrao xa están en nivel verde. A melloría do contorno da cidade de Ourense é unha das poucas boas noticias que deixan os novos mapas de alertas da Xunta. Ferrol, que a principios de mes estaba en nivel verde, é a segunda urbe galega que entra en alerta máxima.


Mapa de alertas por municipios en función de novos casos confirmados por PCR en 7 días




NIVEL VERMELLO

O número de municipios galegos no nivel máximo de alerta, o 3, pola incidencia do coronavirus na última semana elevouse este venres a 25, un máis que este xoves, tras entrar nesta situación Ferrol e Lalín, á vez que sae O Porriño, que pasa ao laranxa.


Ademais, segundo consta no mapa 'semáforo' actualizado diariamente pola Consellería de Sanidade, continúan no nivel tres pola pandemia os concellos de Ouurense, O Barco, O Carballiño, Verín, Narón, Oleiros, Arteixo, A Laracha, Ordes, Mesía, Santiago, Ames, Teo, A Estrada, Vilagarcía, Pontevedra, Poio, Cangas, Nigrán, Tui, Salvaterra, Monforte e Lugo.

A entrada no nivel máximo de risco de todas estas localidades implica que detectaron máis de 21 casos de coronavirus no últimos sete días. Con todo, nas urbes de máis de 50.000 habitantes, o limiar para detectar o aviso vai en función do tamaño: Ferrol --máis de 76 casos nunha semana--, Pontevedra --máis de 96--, Santiago --máis de 112--, Lugo --máis de 112-- e Ourense --máis de 120--.

NIVEL LARANXA
Mentres, en situación dúas --na cor laranxa do mapa-- sitúanse 19, cinco máis que este xoves. Do total, 11 repiten nesta lista: Neda, Fene, A Coruña, Culleredo, Marín, Vigo, Mos, Gondomar, Boborás, Barbadás e Xinzo de Limia.

Na alerta laranxa han entrado este venres sete concellos --Malpica de Bergantiños, Muros, Noia, Oroso, Vilaboa, Redondela e Monterrei-- por empeorar os seus datos, mentres que un --O Porriño-- fíxoo por melloralos, xa que ata este xoves estaban na vermella.

En cor laranxa inclúense municipios de máis de 50.000 habitantes con entre 138 e 332 casos novos de COVID-19 á semana por 100.000 habitantes --só Vigo e A Coruña, neste caso-- e nos de menor poboación que presenten entre 14 e 20 casos.


EVOLUCIÓN DAS ALERTAS


A comparación do mapa de alertas a 7 días co mapa de alertas a 14 evidencia que a situación segue empeorando. Só a provincia de Lugo parece que este empeoramento non é tran importante, pois seguen sendo catro os municipios afectados por alertas. 





É preocupante a situación na periferia de Vigo. A cidade e todos os seus municipios colidantes están en alerta laranxa, salvo Nigrán, que xa está en alerta vermella. Hai unha semana só Nigrán e Vigo estaban en nivel laranxa.



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE