Unha "incidencia sanitaria" forza o aprazamento do concerto Salvador Sobral en Ferrol
O concerto que o artista portugués Salvador Sobral tiña previsto dar este sábado, día 24 de outubro, en Ferrol foi aprazado ata o 5 de decembro debido a unha "incidencia sanitaria" dun membro da banda.

Diso informou a organización do evento nun comunicado, no que destacan que "por responsabilidade" ven na obrigación de buscar unha nova data para este concerto no que o cantante luso presentará o seu novo proxecto 'Alma Nosa'.
As entradas xa adquiridas serán validadas para a nova data. Ademais, no caso de solicitar a devolución, habilítase un prazo do 22 ao 29 de outubro inclusive.
As persoas que desexen devolver as súas entradas deberán poñerse en contacto con devoluciones@ataquilla.com, no que deberán indicar a dirección de correo coa que efectuaron a compra e a referencia das entradas.
Escribe o teu comentario