Tere Abelleira: media hora histórica e coa mente en ‘A Vermella’
A xogadora pontevedresa participou na primeira vitoria da historia do Real Madrid feminino antes de incorporarse á selección nacional.
A xogadora pontevedresa participou na primeira vitoria da historia do Real Madrid feminino antes de incorporarse á selección nacional.
O Real Madrid femenio logrou o primeiro triunfo da súa historia | Foto: Real Madrid
A carreira de Tere Abelleira está a queimar etapas a pasos axigantados, como xa viña sendo habitual coa meteórica proxección da galega. De cegar no Deportivo da Coruña na súa primeira campaña na elite, aos seus insultantes 20 anos a pontevedresa está alistada nas filas do Real Madrid feminino, que trata de construír un proxecto co que consolidarse no fútbol español e que ten en Tere a unha das súas perlas.
A pesar de que de momento só foi titular nunha das tres xornadas disputadas -90 minutos no debut, con derrota 0-4 ante o todopoderoso Barça-, Tere participou nos tres choques, sumando media hora ante o Raio Vallecano, partido que significou a primeira vitoria do conxunto branco en toda a súa historia, obviando o feito de que o cadro merengue nace da absorción do CD Tacón.
A galega ingresou na cancha co 3-1 xa alumando no marcador, pero aínda tivo tempo a deixar escintileos e demostrar que pode ser importante neste equipo, aínda que teña que competir con figuras como Marta Cardona, Kaci ou Maite Oroz.
Ademais do seu primeiro triunfo como madridista, Tere ten para celebrar o seu regreso á selección española, despois de ser chamada por Vilda para o choque ante Moldavia. Agora ten a oportunidade de debutar ante a República Checa no clasificatorio para a Eurocopa de Inglaterra 2022. O duelo será este venres 23 de outubro na Cartuxa de Sevilla.
Escribe o teu comentario