Aumenta o nivel de alerta en Cangas a laranxa e na Laracha a vermello debido ao repunte do coronavirus

|

As alertas pola alza do covid afectan xa a todas as cidades e ás principais vilas de Galicia. Empeora notablemente a situación na Comarca da Coruña e Ordes. Celanova é unha das poucas zonas que mellora.


A Consellería de Sanidade incluíu este xoves ao municipio coruñés da Laracha no nivel máximo de alerta, o 3 --vermello--, pola evolución da pandemia de coronavirus no últimos sete días, unha situación que está vixente noutros 11 concellos galegos. Esta inclusión débese a que A Laracha conta con máis de 21 casos de covid-19 confirmados por PCR no últimos sete días, co que o seu nivel de alerta elévase ata o 3.


 

Mapa de alertas por municipios en función de novos casos confirmados por PCR en 7 días


 
NIVEL VERMELLO
Con iso, incorpórase á listaxe de municipios no nivel máximo de alerta por covid-19, no que están as cidades de Ourense e Santiago de Compostela, que rexistran máis de 120 e 112 casos confirmados por PCR, respectivamente, de coronavirus no últimos sete días.

As outras localidades con nivel máximo de alerta pola pandemia por presentar máis de 21 casos confirmados no últimos sete días son Arteixo, Ames, Narón, O Barco, Verín, Monterrei, Pereiro de Aguiar, Barbadás e O Carballiño.

NIVEL LARANXA
Mentres, en situación 2 --en cor laranxa do 'semáforo' do mapa-- sitúanse 16 municipios, 15 dos cales repiten con respecto á xornada anterior no mesmo nivel: Vigo, A Coruña, Pontevedra, Lugo, Ferrol, Oleiros, Culleredo, Teo, Porto do Son, Vilagarcía, Poio, Tomiño, Ribadavia, Lobeira e Xinzo. Cangas, que estaba en nivel amarelo, pasa tamén a laranxa este xoves, mentres que Celanova rebaixa a súa alerta e sae da situación 2.

CRITERIOS PARA Os NIVEIS
En nivel vermello inclúense os municipios de menos de 50.000 habitantes con 21 ou máis casos novos á semana, mentres que no caso dos concellos de máis de 50.000 habitantes establécese como corte a detección dunha taxa de 112 ou máis casos á semana por cada 100.000 habitantes. No nivel de cor laranxa inclúense municipios de máis de 50.000 habitantes con 56 e 111 casos novos de covid á semana por 100.000 habitantes e nos de menor poboación que presenten entre 14 e 20 casos.


EVOLUCIÓN SEMANAL

Comparando o mapa de alertas por positivos en 7 días co mesmo mapa por positivos a 14 días podemos facernos unha idea de onde está a acelerar ou freando o covid-19.


Salta á vista o empeoramento na área metropolitana da Coruña. Hai unha semana só Culleredo, Arteixo e A Laracha estaban en nivel laranxa. Agora Arteixo e A Laracha están en nivel vermello e Oleiros  en laranxa. Carral e Ordes, que non tiñan alertas, entraron en nivel amarelo.


Tamén é significativa a entrada de Viveiro a nivel amarelo, pois é a primeira vez que pasa nun municipio da Mariña tras a crise que provocou o seu confinamento este verán.







Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress