As probas na central das Pontes con xurros poderían manter o emprego na planta e no rural

O uso de xurros como combustible está a ser sometido a estudo na antiga central térmica das Pontes, abocada ao peche se non atopa alternativas ao carbón. 



|

O uso de xurros como combustible está a ser sometido a estudo na antiga central térmica das Pontes, abocada ao peche se non atopa alternativas ao carbón.


A viabilidade económica da planta será a que finalmente marque o futuro da mesma a pesar de que desde o Concello das Pontes cren que se "aveciñan" uns "bos resultados" nas probas da próxima semana. Desde Unións Agrarias cren que isto tamén podería solucionar o problema de moitos gandeiros, incapaces de cumprir coa nova normativa. 


Rolda de prensa sobre a central térmica das Pontes

Rolda de prensa para explicar a situación da central das Pontes


Na central térmica das Pontes concluirán a semana próxima as probas que se están realizando con biocombustibles en substitución do carbón coa intención de manter a viabilidade da planta. De momento as primeiras impresións neste sentido son positivas en canto ao que xerar enerxía refírese, pero será Endesa a que terá que determinar se a viabilidade económica da planta permite o seu funcionamento. Nese sentido, a empresa esixe garantías á Xunta para o abastecemento dos residuos procedentes de explotacións gandeiras para o seu uso como combustible.


O alcalde das Pontes e presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso anunciou que se “aveciñan” uns “bos resultados nestas probas”. “Hai unha segunda pata, talvez a máis importante, que é a viabilidade económica”, recalcou o rexedor, que será onde se verán “os compromisos” reais tanto de Endesa como da Xunta.


Doutra banda, a viabilidade destas probas non só axudarían a manter os empregos na antiga térmica, senón que tamén terían un impacto moi beneficioso sobre o sector gandeiro. Desde Unións Agrarias celebran que esta posibilidade pronto se faga realidade xa que podería axudar na loita contra o cambio climático, ademais de ser unha solución para moitas explotacións, agora asfixiadas polo novo decreto de xestión de xurros que obriga a cumprir as mesmas condicións a todas as explotacións sen depender das dimensións das mesmas.




“Trasládanos unha certa dose de optimismo para converter en solución o que para nós está a empezar a ser un problema”, sinalou Roberto García, secretario xeral do sindicato. "Coas novas esixencias para utilización do abono orgánico fáisenos moi difícil en determinadas zonas", manifestou. Con todo, desde o Concello subliñan que aínda faltarían por concretar porcentaxes, materiais definitivos e custos para concluír o estudo das probas.


TRASLADOS FÓRA DE GALICIA

Mentres o futuro da planta aínda permanece no aire, hai uns días o comité de empresa denunciou os traslados de persoal que Endesa leva realizando, en contra da versión oficial sostida pola empresa.


Desde o comité aseguran que Endesa está “a acelerar” no seu “proceso de recolocación do persoal”, pero que as prazas libres, “máis dun 90%”, atópanse fóra da comunidade autónoma. Por isto, acusan a Endesa de mentir, xa que a intención de manter o emprego na contorna das Pontes “non é real”. Do mesmo xeito, afirman que o plan eólico da compañía na zona “non é viable” ata 2024 e que o programa ‘Futur-E’ para a apertura de novas industrias “nin sequera pódese dicir que estea iniciado” a pesar de que o tempo aprema á zona.


“Se a decisión de peche materialízase en xuño do ano 2021 non hai ningún tipo de alternativa de traballo na zona nin para persoal propio nin para o das auxiliares”, argumentan, á vez que lamentan a situación que os empuxa a vivir “nunha incerteza total”. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE