Arrinca a era Mehdi Nafti no Anxo Carro

O adestrador franco-tunisiano foi anunciado hoxe como substitución de Juanfran á fronte do CD Lugo. 


|

O adestrador franco-tunisiano foi anunciado hoxe como substitución de Juanfran á fronte do CD Lugo.


Mehdi lugo

Mehdi xa dirixiu a súa primeira sesión como técnico | Foto: CD Lugo


Desde Quique Setién, o Club Deportivo Lugo non atopou estabilidade no seu banco, e iso que por alí pasaron ata nove candidatos. Aínda que é certo que desde a marcha do cántabro o club lucense sempre logrou o obxectivo da permanencia en Segunda División, o club albivermello non foi quen de contratar a un adestrador capaz de encadear toda unha tempada á fronte do vestiario lucense –coa excepción de Luís César Sampedro e Francisco Rodríguez –. Agora, pechada a etapa Juanfran, chega co difícil reto de durar na cidade amurallada Mehdi Nafti.


O adestrador franco-tunisiano chega a Lugo despois de rescindir o seu contrato co Sahel. Faio para ocupar o posto de Juanfran, que a pesar de lograr a permanencia o ano pasado nunha recta final de campaña histórica, non foi capaz de manter o nivel neste principio de tempada. Catro derrotas e só unha vitoria contemplan ao xa extécnico do Lugo neste arranque de campaña, que ten ao cadro lugués en postos de descenso.



Mehdi Nafti aterra no Anxo Carro coa experiencia adquirida nos bancos de Marbella, Mérida e Badaxoz. Esta será a súa primeira aventura en Segunda División e a súa primeira tarefa será recuperar a un equipo que o ano pasado demostrou ser capaz de remontar contra a adversidade. Ten traballo por diante, xa que o Lugo é, con oito goles en contra, o equipo máis frouxo en defensa da categoría xunto ao Albacete, que encaixou os mesmos tantos.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE