Alarma por récord de hospitalizados con coronavirus nun día e unha tendencia de positivos á alza


Outra pésima xornada de datos do coronavirus en Galicia. O problema xa non só é o elevado ritmo de positivos, que está en niveis récord, senón que tamén se empeza a notar nos hospitais, con 28 ingresados en só un día. Nesta segunda onda, nunca tantos galegos fora hospitalizados nun só día. 


|

Outra pésima xornada de datos do coronavirus en Galicia. O problema xa non só é o  elevado ritmo de positivos, que está en niveis récord, senón que tamén se empeza a notar nos hospitais, con 28 ingresados en só un día. Nesta segunda onda, nunca tantos galegos fora hospitalizados nun só día. 


Todo isto sucede á vez que a crise de Ourense empeza a aliviarse algo, o que confirma que o problema non é só ourensán. Preocupan cada vez máis as cifras da área de Santiago - O Barbanza, con a capital de Galicia xa en alerta vermella, como a veciña Ames.


Coas cifras da nota de prensa do SERGAS e do seu portal de datos, pódese deducir que o sábado se detectaron 308 positivos, todos mediante PCR. 


O consolo é que é a terceira xornada consecutiva que caen os positivos. É só un consolo, porque as medias móbiles a sete días e as incidencias acumulas alcanzan valores non vistos desde o pico de primavera.


Os 308 positivos dedúcense de 95 casos activos máis, 211 curacións e dous falecementos. É a quinta xornada consecutiva que hai máis diagnósticos que curacións. Os casos activos creceron o sábado un 2,2% respecto ao venres. Isto aúpa á media móbil semanal da porcentaxe de cambio diario a 1,3%, valor que non se alcanzaba desde principios de setembro.




É indubidable pois que a pandemia leva días acelerando na autonomía, pero ata que punto é grave a situación?


As medias móbiles a sete días e a taxas de incidencia diaria indícannos que non hai indicios de mellora a curto prazo, todo o contrario. O ritmo de contagios é similar ou maior ao sufrido a finais de agosto.


A media de novos positivos está en 308 diagnósticos á xornada, algo nunca visto nesta segunda onda. A incidencia acumulada semanal tamén alcanza marcas inéditas desde a primeira onda, Galicia está nuns 80 positivos por 100.000 habitantes cada sete días. A incidencia acumulada a dúas semanas é un pouco mellor,  pero segue crecendo e os 132 positivos por 100.000 habitantes en 14 días está; moi preto do valor récord de principios de setembro, 136 positivos.





Débese este evidente rebote a que o SERGAS faga máis probas?  Porque facer está a facelas. 


Así, aínda que o sábado a cifra reducísese a só a 4.400, a media está nunhas 6.000, volume significativamente maior ao de setembro.


Desgraciadamente, o aumento de positivos non se explica só pola maior cantidade de PCRs. Así, a media da taxa de positividade leva subindo desde principios de outubro. Chegou a caer ata un esperanzador 2,7% pero disparouse moi rápido ata o 4%. Por exemplo, o sábado deron positivos o 6,9% dos PCR, bastante por encima do límite do 5%, que indica a OMS para poder estimar que un foco está en vías de control.


A hipótese de que a subida de positivos non se debe a máis test empeza a ter eco nas cifras de hospitalizados. Onte ingresaron 28 galegos nun só día, algo máis visto nesta segunda onda. 


Faleceron dúas persoas máis; pero desgraciadamente haberá máis decesos, pois 39 pacientes están na UCI. 


NON É UN PROBLEMA SÓ DE OURENSE

Outra hipótese optimista á que aferrarse é que o rebote sexa só produto da crise de Ourense, que levou a confinar o perímetro da capital e a veciña Barbadás. Con todo, os datos por áreas cada vez desmenten máis esta afirmación. 


De feito, Ourense rexistra hoxe só 8 casos activos máis, subida que iguala a área de Ferrol, duplica a área de Santiago e  case cuadriplica a área de Vigo.  A mala tendencia da área de Santiago elevou a súa taxa de incidencia tanto que agora mesmo está no nivel máximo de alerta posible no semáforo da Xunta. Máis información sobre a evolución por áreas sanitarias aquí. 



IN2IO coronavirus en galicia evoluci n recente (16)


Evolución da media móbil a sete días de novos positivos diarios desde principios de agosto en Galicia


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE