Os empresarios do lecer nocturno rodean San Caetano nos seus coches para urxir solucións á Xunta

O sector do lecer nocturno compostelán saíu á rúa este xoves para reclamar ao Goberno galego que de marcha atrás no peche decretado pola COVID-19 e que permita a súa reapertura inmediata. Para iso, impulsaron unha caravana de vehículos ao redor das instalacións da Xunta e unha sonora pitada, en denuncia pola criminalización destes locais.

|

Os profesionais do lecer nocturno compostelá protestaron este xoves na capital galega para reclamar axudas para o sector, un dos máis afectados pola crise sanitaria.


Os afectados acusan á Xunta de aplicar un "peche indiscriminado, sen motivo nin razón" e abocar a moitos negocios ao peche definitivo por "criminalizar ao sector".


Caravana de vehículos durante a protesta do sector do lecer nocturno en Compostela


O sector do lecer nocturno compostelán saíu á rúa este xoves para reclamar ao Goberno galego que de marcha atrás no peche decretado pola COVID-19 e que permita a súa reapertura inmediata. Para iso, impulsaron unha caravana de vehículos ao redor das instalacións da Xunta e unha sonora pitada, en denuncia pola criminalización destes locais.


Preto de medio centenar de vehículos saíu de San Lázaro esta mañá e rodeou en varias ocasións os edificios da Administración en San Caetano, todos eles portando bandeiras ou lazos negros e carteis co lema 'Basta xa', co que advirten da crise que viven tanto as empresas como os traballadores do sector.

En declaracións aos medios, Sergio Fernández, da Asociación Hostalería de Compostela e da Asociación de Bares, Pubs e Discotecas, instou o Goberno galego a retirar o decreto do 15 de agosto que obriga ao peche a estes establecementos, que están sometidos a unha "inviabilidade económica" debido a este paro "indiscriminado".

En caso contrario, solicitan que se impulse unha liña de axudas directas cunha folla de roteiro claro e concisa, e que permita compensar os gastos fixos, como o aluguer, luz, auga e sobre todo o mantenimeinto do emprego.

O sector fai un chamamento "a toda a hostalería" a saír á rúa "para protestar e reivindicar" o seu dereito ao traballo para instar a dar marcha atrás a un "peche indiscriminado, sen motivo nin razón", posto que o virus "non sae a certas horas, máis de noite que de día" e estes establecementos respectaron "todas as pautas hixiénico sanitarias de forma estupenda".


DIÁLOGO E ESFORZO

En todo caso, o que queren é que se lles permita exercer "o seu traballo" e "esforzo", debido a que son un sector "en reconversión permanente" e que sabe adaptarse aos tempos, pero non que se lles manteña "pechados 'sine die', sen futuro e esperando mellores tempos sen saber cando chegarán".


Ante todo piden "diálogo" á Administración galega, para poder acordar unha reapertura ou unha liña de apoio concreta e advertiu que as licenzas provisionais "poden mitigar algunha parte" do problema, "pero non deixan de ser un parche".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE