Protesta contra a deturpación do topónimo 'A Toxa' no 'Foro A Toja'

Unha representación da Mesa pola Normalización Lingüística protagonizou unha protesta na entreda da ponte da Illa en respulsa pola deturpación do topónimo de 'A Toxa' durante o foro político económico celebrado na zona durante esta fin de semana.

|

Protesta da Mesa na Toxa


Unha representación da Mesa pola Normalización Lingüística protagonizou unha protesta na entreda da ponte da Illa en respulsa pola deturpación do topónimo de 'A Toxa' durante o foro político económico celebrado na zona durante esta fin de semana.

A responsable da asociación en Pontevedra-O Salnés, Sabela Bará, censurou o "insulto" que supón que destacado dirixentes políticos como o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, o da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, subscriban e participen e un evento que fai ostentación do desprezo aos nomes de lugares de Galicia e que "incumpre a lexislación" que sinala que "a única forma oficial e lexitímaa" é a galega.

"É vergoñoso que 34 anos despois da aprobación da Lei que recoñece a oficialidade única dos topónimos galegos aínda teñamos que mobilizarnos para reclamar o seu cumprimento, pero aínda dá máis vergoña que os responsables políticos que deben garantir un mínimo pola dignidade de Galicia participen disto", insistiu.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE