Brote de coronavirus "controlado" en Meira (Lugo), segundo o Concello

O tenente de alcalde de Meira, Agustín Méndez, confirmou a existencia dun brote de Covid-19, controlado, no municipio que afecta a "entre seis e nove persoas".

|

O número dous de concello asegura que hai positivos sobre todo nunha familia, pero tamén outros veciños. 


O tenente de alcalde de Meira, Agustín Méndez, confirmou a existencia dun brote de Covid-19, controlado, no municipio que afecta a "entre seis e nove persoas".


Centro de Saúde de Meira nunha imaxe de Google Street View

Centro de Saúde de Meira nunha imaxe de Google Street View  


Méndez explicou que este xoves, sobre as 14,00 horas, recibiron "a notificación" da Consellería de Sanidade, a través da que se lles avisou de que "se trataba dun brote e que estaba controlado".


VECIÑOS CONFINADOS

O tenente de alcalde de Meira sinalou que isto "o leva Sanidade". "A xente está nas súas casas confinadas e seguindo as directrices que lles din", abundou.


"Preguntei se tiñamos que tomar algunha medida e dixéronnos que as medidas de sempre; non fomentar as reunións, nin as reunións familiares, distanciamento social, que sexamos respectuosos co uso da máscara e non nos deron ningunha instrución máis ante o brote", detallou.


MÁIS DUNHA FAMILIA AFECTADA

Así mesmo, Méndez subliñou que lles comunicaron que os contaxiados son "entre seis e nove persoas, dunha mesma familia son varios pero tamén hai outros afectados". Segundo indicou, descoñece se a orixe está nunha "reunión familiar".

"Pode ser dunha reunión familiar, pero puido ser doutro sitio e traelo ao ámbito familiar", engadiu. "O contaxio puido vir de varias fontes, pero cabe a posibilidade de que sexa dunha reunión familiar", concluíu.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE