O repunte de Santiago e a mala tendencia de Pontevedra e Ourense eclipsan as mellorías da Coruña, Lugo e Ferrol

A tendencia xeral en Galicia segue sendo dunha tenue melloría, dado que os casos activos baixan lixeiramente, ata 4.432. Con todo, Pontevedra continúa coa súa tendencia preocupante e Santiago sofre hoxe un considerable repunte.


|

tendencia xeral en Galicia segue sendo dunha tenue melloría, dado que os casos activos baixan lixeiramente. Con todo, Pontevedra continúa coa súa preocupante evolución e Santiago sofre hoxe un considerable repunte, por agora unha mala cifra puntual e explicada en parte pola realización de máis test.




Por áreas sanitarias, tres delas rexistran este domingo unha subida nos casos activos, tres presentan descensos e Vigo continúa coa mesma cifra de infectados, 512.

COMPOSTELA

Soben en Santiago ata os 577 ao descubrirse 22 novos casos. Das cifras enviadas pola EOXI de Santiago O Barbanza pódese deducir que detectou 55 novos positivos onte, pois hai 33 altas, 22 casos activos máis e ningún falecemento.  


A de hoxe é a segunda maior cifra de diagnósticos de covid en Santiago no que levamos de mes. A pesar da gravidade disto, hai que ponderar que tamén onte o SERGAS bateu o seu record de test en Compostela, máis de 3.000. Así a positividade foi do 4,2% o que non é un valor alarmante. De feito, a media a tres días de test positivos é do 3,9%, a mellor cifra desde principios de mes.




MALAS NOTICIAS EN OURENSE E PONTEVEDRA

O que de ningún modo é un problema puntual é o de Pontevedra. Hoxe son 16 máis as persoas que padecen a covid-19 respecto ao último balance, o que deixa a cifra de total de casos nesta área en 826. A carga sobre o SERGAS en Pontevedra incrementouse moitísimo. A principios de mes, había 600 enfermos diagnosticados menos que agora. 


Tras Pontevedra, as áras cunha peor evolución recente son Ourense, onde se detectou recentemente un brote no Hospital de Verín. O incremento de casos activos máis pronunciado nas últimas 24 horas produciuse alí, pois se detectaron 39 pacientes con coronavirus ata un total de 728. 



MELLORÍAS NA ZONA NORTE DE GALICIA

 Por contra, continúan baixando os casos activos na área de A Coruña e Cee que, con todo, continúa como a que máis pacientes covid ten de toda Galicia --1.046, 31 menos--. 


Pola súa banda, en Ferrol hai 10 pacientes menos con coronavirus (154) e  mantén unha tendencia estable ou lixeiramente á baixa. A mellor tendencia recente é a Lugo,  sobre todo hoxe, onde o número descende en 53 ata os 589 casos activos totais. Lamentablemente, a isto contribúe o cruel goteo de mortes de anciáns da residencia DomusVi Outeiro de Rei, onte faleceron outras dúas mulleres residentes alí.

Galicia detectou 230 novos casos de covid-19 nas últimas 24 horas, o que supón 37 menos que os descubertos na xornada anterior. A cifra de vítimas mortais mantense en 729 desde a noite do sábado, cando se comunicou o deceso de dúas mulleres da residencia de maiores de Outeiro de Rei (Lugo) falecidas no Hospital Lucus Augusti (HULA).

Segundo a actualización deste domingo da Consellería de Sanidade, con datos de última hora do sábado, a Comunidade galega conta con 4.432 casos activos de covid-19 --persoas que aínda teñen a enfermidade--, 17 menos que hai un día.

E é que, a pesar de notificarse 230 novos positivos nas últimas 24 horas, un total de 245 persoas recibiron o alta, polo que deixaron de computar como casos activo de coronavirus. Con estas, son xa 18.316 as persoas que pasaron o virus en Galicia.

O número de PCR realizadas en Galicia elévase a 465.341 fronte ás 459.234 rexistradas ata o sábado, o que significa que en 24 horas realizáronse 6.107 probas.


Areas



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE