41 cans guías guían a persoas cegas en Galicia grazas ao labor da ONCE

Así se reparten os 41 cánidos adestrados pola Fundación ONCE en Galicia. Hai 30 anos naceu a Fundación ONCE do Can Guía (FOPG), adoptando o modelo das escolas de cans guía europeas e norteamericanas. Eles son o vehículo mobilidade dunha persoa cega, os ollos de quen non pode ver.


|

15 cans guía na Coruña, 4 en Lugo, 5 en Ourense e 17 na provincia de Pontevedra. Así se reparten os 41 cánidos adestrados pola Fundación ONCE en Galicia. 


Can guu00eda da ONCE



Hai 30 anos naceu a Fundación ONCE do Can Guía (FOPG), adoptando o modelo das escolas de cans guía europeas e norteamericanas.  Eles son o vehículo mobilidade dunha persoa cega, os ollos de quen non pode ver. Os animais están adestrados para, entre outras cousas, evitar obstáculos fixos e móbiles; avisar ao usuario de cruces e chanzos; buscar pasos de peóns, entradas e saídas de todo tipo de establecementos e mesmo localizar escaleiras ou paradas de autobús. 


Labrador retriever, golden retriever, pastor alemán e flat coated retriever son as razas de cans máis adestradas para este fin. 





En total, uns 1.000 cans guía percorren as rúas de España realizando esta tarefa imprescindible. Foron xa 3.200 nos anos de historia da FOPG, que está de aniversario.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE