A galega Greenalia inicia catro parques eólicos mariños máis nas Canarias

A galega Greenalia iniciou os trámites para o desenvolvemento de catro novos proxectos eólicos mariños flotantes, que se suman ao parque eólico Gofio, en Gran Canaria.

|

A enerxética coruñesa aspira a converterse nun gran operador de renovables, sobre todo biomasa e eólica. En eólica terrestre tramita varios parques en Galicia cunha potencia duns 185MW. En eólica mariña, tras iniciar o parque eólico Gofio de 50 MW, agora pon en marcha outros catro proxectos do mesmo tamaño tamén en Canarias.


Parque eólico mariño con muíños Haliade como os que instalará Greenalia en Canarias nun imaxe de GE

Parque eólico mariño con muíños Haliade como os que instalará Greenalia en Canarias nun imaxe de GE  



En concreto, chamaranse Dunas, Mollo, Cardón e Guanche. En un comunicado a compañía asegura que son proxectos totalmente independentes de 50 MW de potencia cada un, situados ao Sueste da illa de Gran Canaria, na mesma zona na que se situará o parque eólico mariño Gofio. Todos eles están previstos en áreas que "presentan un elevado recurso eólico", apunta Greenalia, "seguramente o maior de toda Europa", o que converte a Canarias en "a plataforma ideal para o despregamento en España desta tecnoloxía".

PROFUNDIDADES DE CASE 100 METROS

Cada instalación constará de 4 aeroxeradores mariños de 12,5 MW de potencia unitaria, dispostos sobre cimentacións flotantes ancoradas ao fondo mariño a profundidades de entre 61 e 92 metros. Do mesmo xeito que no caso do Parque Eólico Gofio, estas novas instalacións conectaranse á Rede de Transporte mediante o uso de cables submarinos e subterráneos que evacuarán a enerxía xerada por cada un dos parques eólicos de maneira completamente independente.

Este novas catro instalacións, unidas a Gofio, cuxa tramitación se iniciou no principio do ano, supoñen un "considerable aumento do portfolio de proxectos de eólica mariña de Greenalia", que alcanzará así os 250 MW de potencia en Canarias, o cal permitirá obter "unha importante redución nos custos de xeración de enerxía", grazas ao aproveitamento das economías de escala.

Ademais, apunta a compañía, estas instalacións "permitirán acelerar o proceso de descarbonización enerxética de Canarias, desprazando do mix enerxético canario gran parte das tradicionais fontes de xeración altamente contaminantes, co consecuente beneficio ambiental", así como a xerar emprego.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE