Dous lucenses enfróntanse a multas de ata 15.000 euros por saltarse a corentena sabéndose positivos

Efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio de Lugo detectaron a dúas persoas que incumprían a corentena a pesar de dar positiva polo coronavirus Covid-19.

|

A situación epidemiolóxica está a mellorar, lentamente, en Lugo. Non é grazas a algúns cidadáns que ignoran as recomendacións máis básicas. Sorte que a Policía Local de Lugo localizou, polo menos, a dous.


Efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio de Lugo detectaron a dúas persoas que incumprían a corentena a pesar de dar positiva polo coronavirus Covid-19.


Imaxe da CRTVG dunha pasada intervención da Policía Local de Lugo

Imaxe da CRTVG dunha pasada intervención da Policía Local de Lugo  




Segundo informou a Policía Local de Lugo nun comunicado de prensa, estas dúas persoas foron interceptadas na tarde do pasado venres 18 de setembro.

Por iso, tramitaron acta de infracción á Lei de Saúde de Galicia, que establece multas de 3.005,07 a 15.025,30 euros, "segundo sexa considerada a conduta no seu grao mínimo ou máximo", polo que se ordenou o illamento no seu domicilio.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE