Datos coronavirus Galicia: segue a melloría, aínda que cada vez día lenta, impulsada polo récord de PCRs

É a cuarta vez en cinco días que a positividade está por baixo do 5%, que é o máximo que indica a OMS para estimar que un foco vai camiño de ser controlado.As medias móbiles a sete días corraboran estas melloras?  Si, ata certo punto.


|

A tendencia de novos contagios diarios leva cinco xornadas case estancada ao redor dos 230 novos positivos ao día. Afortunadamente, isto prodúcese á vez que se incrementa a media de PCRS que está a facer o SERGAS a niveis nunca vistos. Ourense é a área que presenta hoxe peores datos, aínda que en xeral, é Pontevedra a área sanitaria cunha evolución máis preocupante. Máis información por áreas aquí.


Dos datos de Sanidade, caluculando sobre o seu histórico, pódese deducir que onte xurdiron 223 positivos. É o produto de cinco falecementos, 15 casos activos menos e 233 altas.


Captura




Os diagnosticados onte constitúen unha relevante rebaixa respecto a os de antonte, cando foron 281. Melloría que se dá a pesar de que o número de PCR realizados foi practicamente a mesma, unhas 5.300 antonte e  unhas 5.200 o sábado.


O 4,32% dos test deu positivo. É a cuarta vez en cinco días que a positividade está por baixo do 5%, que é o máximo que indica a OMS para estimar que un foco vai camiño de ser controlado.


As medias móbiles a sete días corraboran estas melloras?  Si, ata certo punto. En termos xerais as tendencias mostran que o virus segue perdendo terreo, pero de maneira moi lenta, de feito, parece que de maneira cada vez máis lenta.




As mellores noticias achégaas a media de PCRs que dan positivo. A taxa de positividade queda nun 5,32%, o mellor resultado desde o 13 de agosto.  


Isto débese en parte a que o SERGAS segue pisando o acelerador nos laboratorios. De media, Sanidade está a facer máis de 4.600 test ao día, cifra récord. A dencencia xeral é, ademais, á alza.


A que non evoluciona tan ben é a media de novos contagios diarios. Segue baixando, pero poquísimo. Anda nos 234 ao día e leva un tempo practicamente plana.


Esta redución lentísima do número de contaxiados déixase notar na porcentaxe de cambio diario de casos activos. Onte caeron un 0,4%, pero a media semanal anda nun crecemento do 0,2%. E é que en catro días na última semana os novos diagnósticos aínda superaron ás novas curacións.





HOSPITALIZADOS E FALECEMENTOS

Os pacientes con COVID-19 hospitalizados en Galicia ascenderon en cinco en 24 horas, ata o total de 237. A pesar desta subida, este domingo mantense en 29 o número de persoas en unidades de coidados intensivos (UCI). 


Os enfermos de covid-19 ocupan por agora unha porcentaxe moi pequena das camas dispoñibles, sobre o 3%. Porcentaxe que non variou case desde principio de mes, o que é un claro indicador de que o SERGAS segue tendo recursos suficientes e manteraos, polo menos a medio prazo. 





A peor noticia é o constante ritmo das defunciones. Onte volveron falecer cinco persoas con coronavirus. Este domingo xa se confirmou a morte de tres persoas, todas en Lugo, dúas delas da residencia DomusVi Outeiro de Rei.



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE