El Corte Inglés tenta colocar 600 millóns de débeda tras perder 500 millóns en só tres meses
O Corte Inglés (ECI), cuxas arcas viñan xa moi minguadas antes do coronavirus, perdeu máis de 500 millóns en marzo, abril e maio.
El Corte Inglés (ECI), cuxas arcas viñan xa moi minguadas antes do coronavirus, perdeu máis de 500 millóns en marzo, abril e maio. Para saír da lameira, o grupo vai procurar endosar 600 millóns máis de débeda mediante bonos. Non o terá fácil, pois todas as grandes axencias de rating manteñen a súa débeda a un banzo do bono lixo.
Fontes da compañía confirmaron hoxe o lanzamento dos bonos. "A resiliencia e fortaleza do negocio de El Corte Inglés nunha situación de enorme incerteza, animou á empresa para sondar o mercado para unha posible emisión de bonos nos próximos días", declararon a Europa Press.
Neses 500 millóns de perdas inclúense máis de 300 en provisións. A facturación das vendas afundiuse case á metade nese trimestre, a pesar do repunte das compras de alimentos.
FACENDO CAIXA COMO SEXA
Con todo, a sociedade que preside Marta Álvarez insiste en que a situación da compañía é "sólida". O certo é que hai tempo que ECI anda curto de liquidez e tivo que recorrer ao Estado como avalista. De feito, ademais de vender varias filiais e centros comerciais, ten en venda preto de 100 inmobles en toda España, incluído o local en Marineda City da Coruña e outros dous en Barcelona.
Superado o confinamento, a compañía di que deixou atrás os números vermellos, con un ebitda positivo no trimestre de xuño, xullo e agosto.
PENDENTES DO COVID
Como todo os comercios, a saúde financeira da cadea depende en gran medida da evolución dos rebrotes e a confianza do consumidor.
Así o demostra os datos de vendas do comercio polo miúdo no verán. Cando o coronavirus estaba máis siliente, en xuño, as vendas foron só un 8% menores ás de xuño de 2019. En canto o virus empezou a rebotar, a facturación volveu decrecer, chegando a ser un 14% menos que a de 2019 en agosto.
Escribe o teu comentario