Dúas escolas infantís afectadas polo coronavirus decretan corentenas en Negreira e Vigo

Dous casos positivos por coronavirus COVID-19 en senllas garderías das localidades de Negreira (A Coruña) e Vigo levaron a decretar corentena para unha aula en cada centro.

|

Un goteo, cada vez máis constante, de casos coronavirus está provoncando o peche de cada vez máis aulas. Os dous casos coñecidos esta mañá son especialmente preocupantes, pois afectan a nenos de 2 e 3 anos.


Dous casos positivos por coronavirus COVID-19 en senllas garderías das localidades de Negreira (A Coruña) e Vigo levaron a decretar corentena para unha aula en cada centro.


Escola infantil Lacaba de Vigo nunha imaxe de Google Street View

Escola infantil Lacaba de Vigo nunha imaxe de Google Street View  



As COIDADORAS DE NEGREIRA PARECEN NON ESTAR CONTAXIADAS

Por unha banda, un positivo por COVID-19 puxo en corentena a unha clase dunha gardería do municipio coruñés de Negreira de nenos de dous e tres anos, confirmaron a Europa Press fontes municipais.


O alcalde do municipio de Negreira, Manuel Ángel Leis, asegurou que as coidadoras desta gardería sometidas ás probas deron resultado negativo.


POSITIVO DUN NENO PEQUENO EN VIGO

En Vigo, segundo confirmou a Consellería de Política Social, decretouse corentena para unha aula da

Escola Infantil Lacaba, na Avenida de Europa, despois de detectarse o caso positivo dunha menor do grupo de 2-3 anos.

Tal e como se establece no protocolo de seguridade sanitaria, púxose en corentena a todos os nenos desa aula (11 menores) e á súa profesora, á espera dos resultados das probas PCR que se lles realizarán nas próximas horas. No caso de que os resultados dos test sexan negativos, apuntaron fontes de Política Social, os nenos poderán volver á aula o vindeiro luns.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE