Borrasca "inusual" deixará tempo tropical con moita choiva e tormentas en Galicia a partir deste xoves

AUDIO: Ligazón a arquivo de audio dispoñible ao final do texto.

|

AEMET advirte que as tormentas observadas nas últimas horas pronto poden ir a máis debido a "unha borrasca atlántica inusualmente preto da Península para a data".  


A chegada dunha "inusual" borrasca atlántica provocará abundantes precipitacións e un descenso gradual das temperaturas desde o xoves polo menos ata o vindeiro luns, segundo informou a Axencia Estatal de Meteoroloxía en un aviso especial.


AEMET Galicia acaba de informar que o xoves pola tarde espera tormentas "localmente fortes en Pontevedra, oeste da Coruña e de Ourense".  A delegación galega de AEMET tamén difunde un mapa sobre a alta densidade prevista dos raios:


EiBWL8JWsAAHmKe




Así, prevé que a partir do xoves e, polo menos ata o luns, espérase que a Península estará afectada por unha ampla borrasca que é inusual para esta época do ano e provocará precipitacións abundantes e un descenso progresivo das temperaturas, sobre todo das diúrnas.






Na actualidade, a borrasca está sobre o Atlántico, ao noroeste de Galicia, e irase intensificando a medida que se despraza cara ao sur.


EMPEZAN As TORMENTAS

A AEMET sinala que a pesar da distancia a atmosfera está xa empezando a inestabilizarse e sinal diso foron as tormentas que se rexistraron este luns e que continuarán desenvolvéndose de forma dispersa este martes e o mércores.


Con todo, será a partir do xoves cando é moi probable que a borrasca estea o suficientemente próxima á Península como para que penetre a primeira fronte, que afectará o extremo occidental,. é dicir, a Galicia


TEMPO TROPILCAL

Ademais da fronte, o aumento da inestabilidade e a gran cantidade de humidade de orixe subtropical captada pola propia borrasca, favorecerán os chuvascos en gran da Península, que serán localmente fortes e estarán acompañados de tormentas e saraiba. A área menos afectada será o Mediterráneo.

Respecto ao fin de semana, a AEMET prognosticou que o centro da borrasca cambiará de dirección o venres e dirixirase primeiro cara ao leste e alcanzará o sur de Portugal e despois durante o sábado e o domingo trasladarase do sur ao norte e percorrerá o extremo occidental peninsular.

As distintas frontes da borrasca irán entrando na Península polo suroeste xeneralizando as precipitacións e, ao ir acompañados de intervalos de vento forte de compoñente sur, seguramente serán persistentes nas ladeiras sur dos sistemas montañosos.

Desde o luns é probable que a borrasca se afaste polo Cantábrico cara ao sur das Illas Británicas, onde chegará xa moi debilitada.

A AEMET prevé que dada a extensión da borrasca probablemente afectará en maior ou menor medida a todo o territorio peninsular, aínda que non a Canarias e seguramente tampouco a Baleares.

Finalmente, avisa de que debido á incerteza que existe na traxectoria da borrasca, recoméndase consultar as predicións actualizadas xa que un pequeno cambio pode modificar sensiblemente as zonas afectadas.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE