Récord de novos contaxiados e de taxa de positividade na área de Santiago este mes
Os 77 novos contaxiados e o 12,62% de probas positivas son as peores cifras que levamos de mes.Este salto prodúcese tras tres xornadas de relativa calma, con taxas de positividade en torno ao 30% e uns 30 novos diagnósticos ao día.
O coronavirus deu hoxe un brusco acelerón na área sanitaria de Santiago-Cee. Os 77 novos contaxiados e o 12,62% de probas positivas son as peores cifras que levamos de mes.
Este salto prodúcese tras tres xornadas de relativa calma, con taxas de positividade en torno ao 30% e uns 30 novos diagnósticos ao día. Está por ver se as malas cifras de hoxe son algo puntual ou denotan un cambio de tendencia debido a algún novo foco.
TRANSMISIÓN COMUNITARIA?
Por agora, o SERGAS non informou de ningún novo brote, pero é evidente que resulta complicado que se detecten 77 novos contagios sen que Sanidade sexa capaz de relacionar 3 ou máis positivos.
Hai que lembrar que oun alto índice de casos orfos de brote é, precisamente, un dos indicadores para estimar que unha zona hai transmisión comunitaria do virus.
O récord de porcentaxe de positividade non se debe a que o SERGAS realizase menos test. As 610 probas PCRs do luns están no rango habitual, entre 600 e 700 ao día.
DOUS PACIENTES SEGUEN NA UCI
Na fronte hospitalaria, hai 31 pacientes en planta, tres menos que onte. Con todo, a tendencia de hospitalizacións está a aumentar. A principios de mes non chegaban a 10 os hospitalizados.
Afortunadamente, non se comunicou ningún falecemento desde o 9 de setembro., aínda que dous enfermos continúan na UCI do CHUS.
Escribe o teu comentario