Xornada catastrófica en Pontevedra, Santiago e Ourense, que impulsan a gráfica galega do coronavirus

Os datos do Servizo Galego de Saúde indican que a situación nas áreas sanitarias de Pontevedra, Santiago e Ourense segue sendo moi delicada e preocupante, especialmente na área da cidade do Lérez.



|

Os datos do Servizo Galego de Saúde indican que a situación nas áreas sanitarias de Pontevedra, Santiago e Ourense segue sendo moi delicada e preocupante, especialmente na área da cidade do Lérez.


Pontevedra, con case medio centenar de novos casos en apenas 24 horas, rompe o seu récord de novos casos este mes, mentres que tanto a área da capital e a auriense, que viñan experimentando uns días de melloría, hoxe dan varios pasos cara atrás.



Na área pontevedresa, con 49 casos novos, é a qe máis sobe este martes. Nas últimas 72 horas Pontevedra engadiu 113 novos casos aos seus algarismos, o que permite ver as dimensións da situación na que se atopa a área. No que vai de mes é a única das catro áreas galegas que non rexistrou nin un só día de descenso. Os brotes rexistrados en colexios de Sanxenxo e Pontevedra contribúen a este salto nos datos pontevedreses. 


Santiago de Compostela, pola súa banda, suma 33 novos casos desde onte, o que fai retroceder ao área da capital despois de que o luns rexistrase unha caída dunha trintena de casos. Ourense, que onte só engadiu nove novos casos activos aos seus índices, engade hoxe 21. Neste sentido os brotes de carácter familiar, como o detectado onte en Muiños con catro afectados, son os que están a provocar as subidas na área ourensá. 


Vigo é a outra área sanitaria que hoxe arroxa malos datos, cunha ducia de novos casos activos. Aínda que esta non é unha subida tan pronunciada como as que experimentan as súas homólogas, este salto na área olívica obriga a estar moi alerta, xa que a situación parecía normalizarse nos últimos días. 


ÁREAS EN DESCENSO

Afortunadamente, tres áreas amortecen hoxe o duro golpe que recibiu o conxunto das áreas galegas. A Coruña, con 51 casos menos desde onte, axuda a mitigar de forma determinante o impacto destes saltos que sufriron as áreas de Pontevedra, Santiago, Ourense e, en menor medida, Vigo.


Lugo, pola súa banda, tamén contribúe a equilibrar a balanza cun descenso de 23 casos en 24 horas. Do mesmo xeito, Ferrol, que ofreceu unha evolución irregular nos últimos días aínda que sen dispararse, perde hoxe catro casos activos. 


A pesar de todo, Galicia gaña hoxe 37 novos casos, o que significa que a tendencia xeral vese sensiblemente afectada. Isto significa que, porcentualmente, Galicia evoluciona a un ritmo do 0,2% cando onte era do 0,1%. É a primeira vez que esta porcentaxe aumenta desde o 26 de agosto. Con todo, os saltos desta xornada poderían responder a uan subida puntal. De seguir ao ritmo que viñan ofrecendo as áreas sanitarias galegas ata hoxe, pronto poderiamos falar dunha evolución negativa, o que podería supoñer que Galicia comeza a recuperarse desta segunda onda. 


Segundo os datos de as notas de prensa de o SERGAS, este martes 15 de setembro o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.301, dos cales 1.246 son da área da Coruña, 772 de Lugo, 503 de Ourense, 552 de Pontevedra, 373 da área de Vigo, 673 de Santiago e 182 de Ferrol.


Uq1eR coronavirus casos activos por reas sanitarias de galicia nbsp  (1)




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE